Venres 29 Marzo 2024

40 anos de Astérix en galego

Vén de saír do prelo a última edición en galego de Astérix, outra pequena alfaia de Edicións Xerais de Galicia. O irreductible galo volve falar na lingua de Rosalía, o que non é regato pequeno. O camiño ata chegar a apócema máxica na que se pode xurar en galego por Tutatis non foi doado dende que comezou a andarse, xa van catro décadas.

Astérix O Galo, editado pola Librería Arenas da Coruña.
Astérix O Galo, editado pola Librería Arenas da Coruña.

A primeira edición en galego de Astérix chega antes da democracia, en 1976, grazas á Librería Arenas, da Coruña. Catro foron os títulos que editou Areas baixo o selo Mas-Ivars: “A loita dos xefes”, “Astérix e os normandos”, “Astérix lexionario” e a gran superproducción da serie: “Astérix e Cleopatra”, que presumía de ser “a máis grande historia xamais contada”, na que se empregaron (dicía un rótulo na portada) “14 litros de tinta chinesa, 30 pinceis, 62 lapis de mina branda…”, seguindo un interminable despregamento de medios que imitaba a promoción da “Cleopatra” de Twentieth Century Fox.

Publicidade

Esta primeira edición de Astérix en galego tiña o valor engadido de ter sido traducida polo escritor Eduardo Blanco-Amor. E deixaría de editarse en 1978. Pero as boas nova durarían pouco. O cómic de Goscinny e Uderzo non volvería ao galego ata 1992, grazas a un convenio entre a editorial Grijalbo e Galaxia, que editaría 14 títulos ata 1998. Houbo daquela toda unha década sen Astérix ata que en 2008 a editorial Salvat publicou traducidos algúns títulos antigos.

No novo cómic hai un galo Redwifix e un lexionario romano de nome Antivirus

A ausencia deste cómic na lingua de Galicia provocou grandes protestas a comezos do século XX. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou queixas formais á editorial, cunha carta da súa sección xuvenil que recolleu en Galicia ducias de milleiros de sinaturas. De feito, o propio personaxe de Astérix chegou ao Parlamento de Galicia, cunha iniciativa presentada no 2007 polo BNG. O deputado Bieito Lobeira lamentou en sede parlamentaria que o cómic estivese dispoñible en 25 idiomas, incluíndo o español e o catalán, mentres se desatendía o sentir de “grupos de pais e numerosos centros de ensino, que reclamaron o exercicio dos seus dereitos lingüísticos na lectura das aventuras de Astérix“.

Finalmente, no 2013, Edicións Xerais de Galicia daba a gran noticia de que o cómic francobelga volvía ao galego, en virtude dun acordo con Salvat. O novo título sería “Astérix e os pictos”, a estrea do guionista Jean-Yves Ferri e do debuxante Didier Conrad, substituíndo aos autores orixinais, Goscinny e Uderzo, tras a morte do primeiro e a xubilación do segundo.

Agora, desde o pasado 22 de outubro, está á venda “O papiro do César“, onde se observa a personalidade dos novos autores, máis liberados da responsabilidade inicial e que xa non dubidan en actualizar os contidos, entrando en críticas contemporáneas do momento actual, que xa caracterizaban ós álbums orixinais. Hai un esquío que di “Tuit”, un galo chamado Redwifix e un lexionario romano de nome Antivirus. Mentres que o espía que protagoniza o episodio parece emular a Julian Assange e o caso Wikileaks.

Así  que, estando nunha xeira de facer presentes, hai motivos para celebralo. Astérix volve falar galego. E isto podería ser unha grande idea para facer un agasallo. Non foi doado o camiño ata conseguir este cómic en galego. Pero o resultado é tremendamente divertido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo