Plano da Coruña na colección cartográfica de 1900.

Así eran os planos das cidades galegas a comezos do século XX

A cartografía municipal de Benito Chías i Carbó amosa os cambios acontecidos nas urbes galegas no último século

Unha viaxe no tempo a través dos planos que retratan as capitais de provincia galegas a comezos do século XX. A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra aparecen con trazados que hoxe podemos identificar, rúas con outros nomes e moitísimo máis reducidas en extensión. Estes planos pertencen á publicación ‘España Rexional‘, lanzada en Barcelona no ano 1900 e que vén de ser dixitalizada polo Instituto Xeográfico Nacional.

Plano de Pontevedra.

A Editorial Alberto Martín encargou os textos descritivos a Ceferino Rocafort e Casimiro Dalmau, mentres que os planos foron trazados por Benito Chías i Carbó, un enxeñeiro militar que someteu á súa obra aos propios concellos, para que achegasen correccións de calquera erro que atopasen na súa obra.

Plano de Lugo.

A colección de ‘España Rexional’ consta de catro tomos que inclúen a descricion das costas, fronteiras, orografía, hidrografía, notas xeolóxicas e mineralóxicas, clima, agricultura, industria, comercio, navegación e obras públicas, división civil, xudicial, marítima, eclesiástica e universitaria, ademais dun resumo histórico de cada territorio.

Plano de Ourense.

No tomo III da obra están os planos de poboación, editados en cor e que constitúen un bo documento para comprobar neste caso como eran as capitais de provincia galegas hai un século.

Plano da Coruña na colección cartográfica de 1900.

Como curiosidade, estes planos foron logo empregados para o ensino, a partir de 1904, pasando a ser referencia nas escolas.

Aquí podes consultar os planos en alta calidade:

Plano da Coruña
Plano de Lugo
Plano de Ourense
Plano de Pontevedra

E aquí, os mapas provinciais da mesma obra:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.