Venres 19 Abril 2024

Así era Galicia en 1609, no primeiro mapa dun atlas moderno

Un retrato de Galicia trazado hai máis de catro séculos. E que pertence ao considerado o primeiro atlas moderno, trazado polo cartógrafo flamenco Abraham Ortelius. Non podemos dicir que destaque pola súa exactitude, pero constitúe un fito histórico. Porque na súa obra Ortelius quixo por primeira vez sistematizar o coñecemento cartográfico dende unha perspectiva científica.

O atlas de Ortelius de 1570.

O mapa está datado en 1609 e pertence á colección da Universidade de Santiago. Está contido nun  atlas impreso en Amberes , o Epitome Theatri mundi, edición de bolsillo do famoso Theatrum Orbis Terrarum, o famoso atlas deseñado por Abraham Ortelius, editado en Amberes en 1570. Esta magna obra tiña en principio 70 mapas e 87 referencias, pero foi medrando en sucesivas edicións ata alcanzar os 167 mapas en 1612. Un deles é esta peza sobre o Reino de Galicia.

Publicidade

A Universidade de Santiago, que dixitalizou a obra dentro do seu repositorio Minerva, destaca que é unha peza singular por ser pouco referenciada. Non se coñece a autoría concreta nin a orixe deste “Galitiae Regnum“, mentres que chama a atención a toponimia local en castelán. Ademais, contén un texto explicativo, que fai unha descrición de Galicia a comezos do século XVII.

As notas sobre Galicia afirman que que ostenta o título de reino, aínda que baixo o reino de Castela. Tamén di que tivo distintas denominacións: “Gallicia”, “Gallaecia”, “Callaecia” e “Galicia”. O autor explica que é moi montañosa e rica en caza e pesca, ademais de ter abundancia de limóns e mazás. Un dato interesante é que salienta que ten viños e balnearios “dos mellores de Europa”, ao tempo que aínda é rica en xacementos de ouro e prata. Menciona por suposto a cidade de Compostela, onde se atopa o corpo do Apóstolo Santiago.

O texto que acompaña o mapa.

Este mapa é unha versión de bolsillo da orixinal e magna Theatrum Orbis Terrarum. O seu autor, Abraham Ortelius (1527-1598), foi comerciante, coloreador de mapas, editor, historiador, cartógrafo, cosmógrafo real de Felipe II…

Ortelius é o pai da idea moderna de atlas xeográfico, aínda que el mesmo descoñecese a palabra “atlas” que se utilizou por primeira vez en 1595, na segunda edición do Atlas de Mercator.

Aquí podes descargar ou ver
O Mapa de Galicia de 1609 de Ortelius

5 COMENTÁRIOS

  1. Alguén sabe a que vila se refire co nome que está enriba do de Bayona, na entrada á ría de Vigo? Gracias…

  2. Eh, neno!…”entre sus puertos el celebérrimo Brigantium, que ahora llaman Corunna·… el comentarista es un poco parcial con sus “por supuestos”.

  3. A conservacion de iste atlas cartográfico tan antigo, non só é unha obra meritoria diste flamenco,é realmente historia, moi viva que hai que coidar coma ouro en pano. Parabens por ista difusión a nos “os galegos”.-

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204