Emigrantes a Nova York dende A Coruña en 1957. Foto: Alberto Martí. Consello Cultura Galega.

As imaxes da emigración galega aos Estados Unidos

Dende 1892 ata 1954, Ellis Island foi un símbolo, un destino, unha meca. Nesta illa da foz do río Hudson, situada a menos dun quilómetro da estatua da Liberdade, funcionaron os servizos de inmigración dos Estados Unidos. Foi a grande porta de entrada para milleiros de galegos que buscaron unha nova vida en América.

Agora, o Consello da Cultura Galega vai devolver á Illa de Ellis a memoria daqueles emigrantes que se instalaron e formaron unha nutrida colonia en Newark ou Brooklyn. Será cunha exposición titulada ‘Os Adeuses que se inaugurará o vindeiro 9 de febreiro, con fotografía de Alberto Martí.

Unha nena espera o embarque. Alberto Martí. CCG.

A mostra está dividida en tres seccións: A Ida, A Volta e o Secuestro do Buque Santa María. E recolle imaxes emocionantes, como as da saída dos emigrantes galegos dos portos da Coruña e Vigo nos grandes trasatlánticos que viaxaban á Nova York. Tamén, o regreso de moitos deles a Galicia.

Xa no ano 2015, o Consello da Cultura Galega publicou un libro clave para entender este anaco da nosa historia: “Migración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores“, coordinado por Alberto Pena, Mário Mesquita e Paula Vicente. 

Aquel traballo reflexionaba sobre os procesos de integración nas sociedades de acollida, nas relacións co mundo do exilio, no impulso aos novos medios de comunicación xurdidos na diáspora e no papel que desenvolveron as comunidades emigrantes na diplomacia cultural dos seus países de orixe.

A exposición en Nova York leva as imaxes tomadas por Alberto Martí, fotoxornalista que faleceu no ano 2017 e que retratou aquela emigración americana dende o porto da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.