240 estudantes de todas as facultades de Historia de España e Portugal presentáronse á convocatoria para participar nas escavacións.
240 estudantes de todas as facultades de Historia de España e Portugal presentáronse á convocatoria para participar nas escavacións.

As escavacións no castro de Armea descubrirán a cidade do século I

O castro de Armea, no concello ourensá de Allariz, acolle desde o pasado venres o traballo dun grupo de tres arqueólogas predoutorais e 20 estudantes de Historia de España e Portugal que participan nas escavacións que se realizan todos os anos neste enclave. O traballo está coordinado polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT), que dirixe Fermín Pérez.

Os traballos profundarán en zonas que xa foran escavadas nos anos 50

Ao longo do mes de xullo, os traballadores continuarán sacando á luz a cidade situada neste castro, que no século I estaba considerada como a capital da comarca. Este lugar xa fora escavado nos anos 50 por Francisco Conde-Valvís. Non en tanto, o arqueólogo volveu cubrila posteriormente. Agora, intentarase deixar de novo toda a zona ao descuberto e, a maiores, escavar a atalaia do castro e profundar nalgúns puntos xa escavados. “Ao final da campaña, quedará todo o sector Valvís listo para a súa musealización”, subliña Fermín Pérez. Ademais das escavacións, desenvolveranse sondaxes en zonas anexas, como o lateral do castro, ao carón da vía romana, para afondar na magnitude do complexo arqueolóxico.

O proxecto realízase no marco dun convenio entre a UVigo e o Concello de Allariz. Un ano mais, o proceso de selección xerou gran interese. “240 estudantes, procedentes de todas as facultades de Historia de España e Portugal, apuntáronse á nosa convocatoria para participar nas escavacións”, destaca Adolfo Fernández, director da intervención. Para que as persoas interesadas poidan ver os traballos, a intervención é aberta a quen queira achegarse. Tamén se realizarán visitas guiadas e obradoiros de arqueoloxía para os máis cativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.