Xoves 18 Abril 2024

O Álbum de Galicia suma a Casto Sampedro, primeiro director do Museo de Pontevedra

Foi arqueólogo, historiador e etnógrafo e o seu despacho foi un dos faladoiros que caracterizaron a densa vida cultural da cidade de entre séculos

A colección Álbum de Galicia, do Consello da Cultura Galega, vén de incorporar a figura de Casto Sampedro Folgar (Redondela, 1848-Pontevedra, 1937), o primeiro director do Museo de Pontevedra. Dedicou a súa vida á arqueoloxía, a historia e a etnografía. E o seu despacho foi, no período de entre séculos, un dos afamados faladoiros que caracterizaron a vida cultural da cidade. Foi un erudito e deixou un amplo legado, entre o que destaca o Cancioneiro Musical de Galicia. Agora, o Consello da Cultura Galega réndelle tributo e introduce unha nova entrada sobre a súa figura, asinada polo autor Xavier Groba.

Sampedro naceu no seo dunha importante familia de Redondela e, de igual maneira que fixeron os seus devanceiros, licendicouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1872. Tan só tres anos despois trasládase a Pontevedra, onde casa con Josefa Mon Landa, tamén procedente dunha influente familia de Pontevedra. Terán catro fillas e tres fillos que non deixarán descendencia. En relación á súa vinculación política, consta como secretario local do Partido Conservador en 1833. Entre 1901 e 1919 foi deputado provincial e entre febreiro e abril do 1930 foi presidente provisional da Deputación de Pontevedra.

Publicidade

O plano profesional

No plano profesional, Sampedro abre o seu despacho de avogado na propia casa familiar, situada entre A Peregrina e a Praza da Ferreiría. Os seus clientes pertencen á elite económica e política e tamén desenvolverá o cargo de avogado do Banco de España na cidade. Este despacho tiña especial sona en todo o relativo á arqueoloxía, á historia, á etnografía e ás artes. Aínda que Casto Sampedro publica pouco e a meirande parte das súas obras quedaron sen rematar. E non só iso: moitas das pezas que elaboraba non estaban asinadas co seu nome. Ou se incluían firma, sempre trataba de garantir o seu anonimato. De feito, non lle gustaba conceder entrevistas nin recibir premios. E os cargos de maior responsabilidade doron como Cronista Oficial na Provincia de Pontevedra en 1900 e como un dos fundadores da Real Academia Galega en 1906.

Portada do Cancioneiro Musical de Galicia. Fonte: Consello da Cultura Galega
Portada do Cancioneiro Musical de Galicia. Fonte: Consello da Cultura Galega

Ademais, Casto Sampedro foi un dos precursores da fotografía documental en España, aínda que no ámbito privado non lle gustasen os retratos. Dende o punto de vista da arqueoloxía, un dos seus feitos máis meritorios foi a delcaración de Monumento Nacional das ruínas do convento de San Domingos. Sampedro tamén participou na fundación da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da que foi presidente. Amais disto, traballou nos tres tomos publicados de Para la Historia de Pontevedra, aínda que a obra só conte cunha edición.

Labor etnográfico e musical

“Casto Sampedro destaca por ser un dos raros investigadores galegos que se interesaron polas tradicións, os costumes e os traballos propios das xentes do mar”, indica Xavier Groba na súa entrada sobre o etnógrafo pontevedrés. Aínda que puntualiza que a parte máis recoñecida de Casto Sampedro foi a música. De feito, interesouse por coleccionar cantos, tocatas, bailes, danzas e instrumentos popoulares. É máis, en 1909 gaña o concurso convocado pola Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, en coautoría con Víctor Said Armesto.

Finalmente, Casto Sampedro culminou a súa dilatada traxectoria en 1927, candoi foi proclamado director do Museo de Pontevedra, unha institución á que dedicou os últimos anos da súa vida. De feito, alí se custodia toda a súa herdanza documental, baixo o nome de “Colección Sampedro” que, segundo Xavier Groba, é “un descomunal tesouro, en tantos aspectos aínda por estudar e divulgar”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Un libro sobre Manuel Colmeiro pecha as homenaxes ao Científico Galego do Ano

Tamén colocan unha placa na súa memoria na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Dez anos fomentando a curiosidade

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario