Sábado 20 Abril 2024

A igrexa da USC abre a mostra da pegada galega de Alfonso X

A exposición percorre a súa influencia a través de documentos, arqueoloxía, literatura e música que amosan o seu legado, xunto ao esplendor da cultura galega medieval

A mostra ‘Afonso X e Galicia’, último proxecto expositivo que acolle a Igrexa da Universidade e impulsada polo do Consello da Cultura Galega (CCG), fusiona dúas das conmemoracións máis relevantes que teñen lugar neste 2021 que acaba de botar a andar: a celebración dun novo Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, unha das figuras máis relevantes da cultura europea.

O relato expositivo non segue un criterio cronolóxico, senón que ofrece un percorrido flexible e multidisciplinar con cinco bloques temáticos. A entrada sitúa o personaxe Afonso X na súa dimensión máis humana. Unha vez dentro, o segundo espazo está destinado a ofrecer a vida e conflitos persoais do monarca. O terceiro espazo recreará o obradoiro onde os manuscritos e as miniaturas cobran o protagonismo presentando o seu labor científico, histórico e cultural. De seguido, o cuarto espazo está dedicado á zona da música e dos instrumentos medievais coas distintas reproducións chegadas de diferentes espazos. Desde aí accédese ao espazo central onde as Cantigas de Santa Maria relacionadas con Galicia se presentarán simultaneamente en seis pantallas aéreas, a modo de constelacións, facendo ese aceno ao mundo da astroloxía e astronomía tan importante para o monarca. O último espazo está dedicado a ilustrar graficamente a sociedade medieval e a vida do monarca a través das imaxes do Códice Rico do Escorial das Cantigas de Santa Maria.

Publicidade

A exposición ten diferentes niveis de lectura, a través de códigos QR que remiten a un espazo web onde se aloxan textos recitados, música e informacións, ademais do catálogo virtual para enriquecer a visita. Entre os contidos complementarios destaca unha serie de entrevistas aos especialistas Henrique Monteagudo, Helena de Carlos, Francisco Prado-Vilar, Carlos Núñez, Elvira Fidalgo e Eduardo Cebreiros.

Un proxecto político e cultural

A mostra presenta o Rei Sabio como un monarca que tivo grandes logros culturais, pero tamén grandes fracasos e contradicións, que soñou ser o grande emperador de Europa e que acabou destronado polo seu propio fillo. O relato constrúe a un home ocupado na construción dunha monarquía absoluta fronte á Igrexa e a aristocracia, cunha personalidade que se posiciona entre o pobo e a divindade, que ensalza a figura de Santa María en conflito co cabido compostelá. Ademais, emprega a lingua castelá na chancelaría e o galego na invocación a Deus e á Virxe coa intención de relegar o latín dos clérigos nunha estratexia político-cultural.

Tamén afonda na visión de universalidade do Rei Sabio no ámbito cultural, cos proxectos de tradución de/a diferentes linguas, coa súa vontade científica e coa súa concepción historiográfica. A isto engádese a conexión política do proxecto real con todos os campos da cultura, é dicir, a «utilización» do proxecto cultural con obxectivos políticos, combinando diversos sistemas ideolóxicos para un mesmo fin: a consolidación e xustificación dun proxecto político centrado na persoa do monarca.

O reitor mostrouse satisfeito de poder sumar a implicación da USC a un proxecto singular pola propia personalidade poliédrica do personaxe. Foto: Santi Alvite.

A exposición inaugurada este martes, convida a coñecer a enorme influencia da figura de Afonso X cunha peregrinaxe a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais que amosan o legado afonsino en paralelo ao esplendor da cultura galega na etapa medieval. No acto inaugural, alén do reitor Antonio López, tomaron parte, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. O músico, musicólogo e medievalista Antoni Rossell é o comisario desta mostra que estará aberta ata o 24 de abril.

O reitor mostrouse satisfeito de poder sumar a implicación da USC a un proxecto singular pola propia personalidade poliédrica do personaxe. “Afonso X garda unha estreita relación coa idiosincrasia universitaria en canto foi unha figura máis preocupada polos límites do saber que polos lindeiros do territorio nun contexto histórico no que resultaba unha actitude adiantada ao seu tempo” engadiu. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou, pola súa parte, que a mostra “ofrece un itinerario polo universo afonsino en Galicia e reivindica a vixencia do seu legado”. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, puxo o acento na conexión do monarca con Galicia. “Unha conexión que se manifesta no literario coas Cantigas de Santa María, que situaron o galego como lingua de prestixio cultural e protagonista dun dos fenómenos artísticos máis valiosos e representativos da cultura medieval, que logrou inspirar aos nosos creadores do século XIX e XX” lembrou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204