Xoves 28 Marzo 2024

Facer a cama é malo para a saúde

Deixar a cama sen facer é bo para a saúde. Polo menos, iso di un estudo da Universidade de Kingston, Reino Unido, que asegura que ao facer a cama se incrementa a humidade das sabas e se impide a ventilación. Un ámbito moi favorable para os ácaros, que se multiplican nesas condicións. Co que se incrementan as doenzas respiratorias e as alerxias.
Pola contra, deixar a cama sen facer, coas sabas de calquera xeito, axuda a eliminar os ácaros. Concretamente, os expertos sinalaron que, ao facer a cama, cubrimos os ácaros e arácnidos que habitan nas mesmas sabas, algo que aumenta a súa esperanza de vida -pois eles adoran a humidade que xera a nosa suor e os espazos pouco ventilados-. Deste xeito, favorécese a creación dun “espazo vital” e fanse máis fortes, todo un risco para a saúde, pois poden provocar dende problemas aos asmáticos ata insomnio.

As escamas da pel humana son os grandes manxares dos ácaros

Stephen Pretlove, o principal autor deste peculiar estudo, asegura que con este achado podería aforrar unha importante cantidade de cartos en enfermidades asmáticas ou similares. Os ácaros do po miden menos de 0,3 milímetros, están emparentados coas arañas, (artrópodos) e habitan en case todos os lugares do mundo, preferindo as zonas de clima morno e humidade relativamente alta. Os seus lugares favoritos para vivir son colchóns, almofadas, peluches e alfombras en zonas de luz escasa. A suor do cocote e a saliva favorecen a reprodución das diversas especies de ácaros que durante os seus 20 días de vida se dedican especialmente a defecar, o que xera máis problemas respiratorios aos que viven con eles. As escamas de pel humana e de animal son os seus manxares favoritos. Cando a humidade do aire baixa do 40%-50%, os ácaros morren.
Para loitar contra os ácaros o mellor é airear. A utilización de aspiradores non serve de nada, salvo para multiplicar a expansión. Aseguran os expertos que 19.000 ácaros pesan un gramo e cada ácaro produce aproximadamente 10-20 partículas de feces ao día, causantes da maioría de reaccións alérxicas. Unha cousa é non facer a cama cando se ventila o cuarto e outra moi distintinta vivir nun ámbito sen limpeza. Limpeza e aireación son a mellor receita para combater os problemas respiratorios.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...