Xoves 18 Abril 2024

Crean a 'Guía de campo do feísmo en Galicia'

A Asociación Científica Horreum en colaboración co Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC, co Observatorio Galego do Territorio, vén de publicar un libro dixital sobre o feísmo en Galicia. Esta obra, que se desenvolve baixo o título ‘Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega’, está realizada por Pablo Ramil Rego e Javier Ferreiro da Costa, e constitúe o primeiro libro publicado sobre este tema de ampla repercusión ambiental, social e mediática.

A guía de campo sobre o feísmo en Galicia.
A guía de campo sobre o feísmo en Galicia.

A nova publicación achega unha interesante visión sobre a valoración da paisaxe galega. Na actualidade contamos con numerosas propostas metodolóxicas formuladas dende o ámbito da ecoloxía, da xeografía ou da arquitectura, así como propostas integradas, para a valoración da paisaxe. Derivado das mesmas, dispoñemos de diversos termos para designar os escenarios de boa calidade paisaxística, así como os de escaso interese visual. Entre estes, foi cobrando cada vez máis importancia o termo feísmo, potenciado fundamentalmente polas hemerotecas e redes sociais.
Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de “excepcional” ou “cotián”. A percepción resulta aquí o elemento clave, non exento de subxectividade, pero tamén non falto de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía.

O estudo identifica 34 tipos diferentes de feísmo en Galicia

Da análise da paisaxe galega, dos seus principais compoñentes, e da percepción social que se recolle, os autores elaboran unha nova tipoloxía para a caracterización e diferenciación das distintas manifestacións do feísmo na paisaxe de Galicia. O documento adopta un aire de guía de campo, buscando afastarse do deslustrado tecnicismo que impera nos documentos oficiais, para debullar coa descrición dun conxunto de 34 tipos de feísmo o estado en que se atopa a paisaxe de Galicia. Cada un dos tipos establecidos resúmense de forma breve, acompañados de varias fotografías ilustrativas. O esquema obtido considérase como un modelo aberto e adaptable debido á continua transformación antrópica que sofre a paisaxe.

Publicidade

3 COMENTÁRIOS

  1. Aparte das reveladoras fotografías da publicación, teño que dicir que, polo resto, é bastante decepcionante. Non esperaba de un equipo científico e tantos colaboradores do mundo académico, acabar lendo unha publicación que cae constantemente no chascarrillo fácil, ao máis puro estilo de La Voz de Galicia. Este xeito de divulgar non me parece propio. O ünico que se consigue é, unha vez máis, chegar ao chiste fácil.
    Agardando que non sexan mal interpretadas as críticas, espero que este comentario sexa publicado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña