Xoves 28 Marzo 2024

Non pensar en nada é bo para o cerebro

Ollo á ximnasia cerebral: manter a cabeza sobreocupada na infancia pode ser daniño para as nosas neuronas. Así afírmao un estudo dos investigadores Teresa Belta e Esther Priyadharshini, da Universidade de East Anglia (Reino Unido), que chegou á conclusión de que estar sempre ocupados limita o desenvolvemento da imaxinación, especialmente durante os nosos primeiros anos de existencia.
O estudo considera demostrado que, no extremo contrario, aburrirse e non facer nada é positivo para o cerebro. Isto é así porque mentres temos a mente en branco e permanecemos desocupados, se activan uns circuítos neuronais que forman a chamada Rede por Defecto (RND), que consiste nun conxunto de rexións do cerebro que colaboran entre si e que podería ser responsable de gran parte da actividade desenvolvida mentres a mente está en repouso.
Este sistema, descuberto en 2011 por Raichel e Shculman, non só é o que nos permite soñar espertos, senón que tamén se ocupa de conectar experiencias e leccións aprendidas no pasado con plans futuros, crear narracións sobre a nosa propia vida,encadenandar os recordos e dar ás á imaxinación.
La RND demostra que o cerebro non se encontra ao ralentí cando non intervén en actividades conscientes (por exemplo, cando se está baixo os efectos dunha anestesia). Probablemente, emite sinais de sincronización para coordinar a actividade entre esas rexións, o que aseguraría que estas se achen listas para reaccionar de forma concertada ante os estímulos.
Segundo o mesmo estudo, entre o 60 e o 80% da enerxía do cerebro dedícase “soamente” a manter a conexión entre neuronas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se desenvolve o medo no cerebro

Neurobiólogos da Universidade de California descubriron en ratos como a tensión e o abafo convértense en afeccións como o trastorno de estrés postraumático

Por que o cerebro dos vertebrados é tan complexo? A clave está en virus antigos

Uunha secuencia xenética derivada de primitivos retrovirus resulta esencial para producir mielina, a capa que protexe as fibras nerviosas

Unha técnica biomatemática monitoriza a evolución do dano en accidentes cerebrovasculares

O tecido cortical que aínda mostra actividade nun encefalograma pode estar a sufrir xa a morte irreversible das capas neuronais máis superficiais

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal