Un millón de euros da UE para un plan de spin-offs no que participa Santiago

Cartel do programa SOLA, subvencionado pola Unión Europea.
Cartel do programa SOLA, subvencionado pola Unión Europea.

O proxecto SOLA (Spin-Off Lean Acceleration) vén de acadar preto dun millón de euros a través do programa Erasmus+ da Unión Europea para fortalecer iniciativas empresariais de alto impacto nacidas da universidade. Coa mellora da formación do persoal de incubadoras e parques científicos como obxectivo, no consorcio do proxecto participa a Universidade de Santiago de Compostela xunto ás europeas Autónoma de Madrid, Porto (Portugal), e della Calabria (Italia). De América Latina participan as brasileiras Estadual de Campinas e de São Paulo e as colombianas de Antioquia e EAFIT.

SOLA impulsará a aceleración de startups e spin-offs

SOLA impulsará a aceleración de startups e spin-off no ámbito universitario de Europa e América Latina. O proxecto persegue a mellora das competencias e habilidades do persoal técnico de incubadoras e parques científicos para identificar e consolidar empresas de base científica e tecnolóxica.
Co financiamento da UE -que ascende a 924.892 euros– implantaranse itinerarios formativos en catro institucións de educación superior latinoamericanas e outras catro europeas. Os módulos formativos abordarán aspectos como a metodoloxía Lean Canvas, a redefinición estratéxica de startups, a propiedade industrial e certificación de calidade e a internacionalización de empresas. Estes contidos complementarán as competencias dos profesionais que asesoran e acompañan a quen busca emprender desde a Universidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.