Sábado 20 Abril 2024

A aeronáutica, punta de lanza das TIC

Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e empresas están a facer unha aposta conxunta polo sector das tecnoloxías da informacion e a comunicación (TIC) galego e, máis concretamente, polo desenvolvemento en Galicia dun potente sector aeuronaútico. Esta foi unha das principais mensaxes que lanzaron este martes o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o reitor, Salustiano Mato, na inauguración na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da xornada Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación, organizada, con motivo da celebración o pasado 17 de maio do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) en colaboración coa Escola de Telecomunicación e o INEO, a asociación multisectorial TIC de Galicia.
Acompañados polo director da escola, Íñigo Cuíñas; o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro; o novo presidente do INEO, Carlos Conde, que dende hoxe substitúe no cargo a Jorge Cebreiros, ao fronte agora da patronal pontevedresa; e por un destacado número de docentes e investigadores do centro, conselleiro e reitor deixaron claro que o sector TIC e a Universidade de Vigo “teñen moito que dicir” na renovada aposta da Xunta por este sector.

Conde salienta a mobilización de 200 millóns en apoio as tecnoloxías da información

Francisco Conde salientou que a mobilización de 200 millóns de euros en apoios da Xunta ás tecnoloxías da informacion e a comunicación (TIC) durante os últimos anos teñen colocado ao sector como columna vertebral da implantación da industria 4.0 en Galicia. Conde incidiu no respaldo do Goberno galego ao sector a través de varias ferramentas: en primeiro lugar mediante o apoio ao investimento e ao financiamento, que suma 100 millóns de euros mobilizados nos últimos anos; e en segundo mediante apoios á innovación, cos que o Goberno galego ten respaldado a colaboración innovadora entre empresas, centros tecnolóxicos e universidades a través de 66 proxectos dos programas Innterconecta, Conecta Pemes e Unidades Mixtas.
Máis de 200 compañías galegas participaron nestes proxectos, que abarcaron iniciativas como un sistema intelixente para xestionar de maneira integrada a atención a enfermos crónicos; un sistema de cartografía para tecnoloxías de voo autónomo; ou un sistema robótico de asistencia na rehabilitación clínica.  A todos eses proxectos se lles suman outras iniciativas como o proxecto Táctica, que canaliza 9 millóns de euros do fondo tecnolóxico europeo para Galicia, e “co que estamos a dar continuidade ao traballo de AtlanTIC na Universidade de Vigo, e a crear un caldo de cultivo axeitado para impulsar a transferencia de tecnoloxías TIC á industria e crear novas spin-offs”.

Publicidade

O modelo está a impulsar a transferencia e a crear novas spin-offs

Conde apuntou o impulso que suporá para o sector a terceira convocatoria do Innterconecta, que mobilizará 110 millóns de euros en proxectos innovadores, e destacou a oportunidade que suporá para o sector TIC e para a Universidade de Vigo a aposta polo sector aeronáutico do Goberno galego, coa creación dun polo industrial e tecnolóxico galego de referencia en avións non tripulados para aplicacións civís.
O conselleiro salientou que esta proxecto suporá o investimento de 25 millóns para a contratación dun ou varios socios tecnolóxicos, así como doutros 20 millóns que a Xunta destinará á compra pública innovadora de tecnoloxías. Nesa renovada aposta polo aeronáutico galego, destacou Conde, tanto o sector TIC como a Universidade de Vigo “desenvolverán un papel fundamental”.
A estas iniciativas, apuntou o conselleiro, se suman a Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). A primeira busca a reinvención da industria galega a través da implantación da fábrica intelixente, para o que as TICs serán estratéxicas; e a segunda ten presente as tecnoloxías da información e da comunicación nos tres retos que marca para deseñar a economía galega do 2020.
Á RIS 3, coa que Galicia está a mobilizar 1.600 millóns en proxectos innovadores, se suman ademais os fondos que as empresas galegas poden captar en colaboración con socios portugueses, grazas á RIS 3 transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, sinalou o conselleiro.
Por último, Conde destacou o papel xogado polo presidente saínte de INEO, Jorge Cebreiros, “que ten xogado durante estes oito anos un papel fundamental na expansión das TIC en Galicia”, e apuntou a Industria 4.0 como principal reto do novo presidente da asociación, Carlos Conde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na UDC e na UVigo

Na universidade coruñesa as rapazas xa representan un 18% das incorporacións, mentres que na viguesa acadan o 19%

O programa Talentos Inclusivos incrementa nun 50% os centros participantes

A iniciativa, que busca a inclusión das persoas con diversidade funcional, contará con 15 institutos de toda Galicia na súa cuarta edición

Un algoritmo cuántico para optimizar redes de telecomunicacións

O operador galego R desenvolveu con CINFO e o seu socio tecnolóxico Kipu Quantum un proxecto para estudar a resiliencia da súa rede de fibra óptica