GCiencia e o Banco Pastor crean os Premios Galicia Spin-off

O Banco Pastor, do Grupo Banco Popular, e GCiencia poñen en marcha este venres, 15 de maio, os Premios Galicia Spin-Off, creados para recoñecer as mellores iniciativas empresariais xurdidas dende grupos de investigación das tres universidades galegas. O certame preséntase con dúas categorías, Selo de Calidade e Idea Emerxente, nas que se galardoará, respectivamente, aos emprendedores que dende o ámbito universitario consolidasen un proxecto de prestixio e aos que irromperon no mesmo terreo nos últimos 24 meses cunha idea, empresa ou proxecto innovador.
Os premios, que contan co apoio de Gadis como entidade colaboradora, están avalados por un portal específico denominado Galicia Spin-Off (www.galiciaspinoff.com), que se pon en marcha coincidindo coa convocatoria do premio e que contará cun acceso directo dende GCiencia (gcbeta.dev.atlantiae.com). Nel recolleranse todos os contidos relacionados co ámbito das spin-off na comunidade autónoma, ademais de noticias sobre a convocatoria dos premios e as bases destes.
As candidaturas, que se deberán formalizar no correo galiciaspinoff@gciencia.com, poderán presentarse ata o 30 de setembro. Un xurado formado por representantes de Banco Pastor, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia) e GCiencia, xunto cunha autoridade do ámbito universitario ou empresarial que designará a organización, elixirá os gañadores en cada unha das dúas categorías do certame.

Os galardóns contan coas categorías Selo de Calidade e Idea Emerxente

Na categoría Idea Emerxente recoñecerase á spin-off xurdida no ámbito de calquera das tres universidades galegas que irrompese nos últimos 24 meses cunha idea ou proxecto de marcado carácter innovador. Estará dotada cun premio de 2.000 euros, unha peza física de deseño exclusivo e unha oferta especial de financiamento a cargo de Banco Pastor. A categoría Selo de Calidade distinguirá á spin-off xurdida dalgunha das tres universidades galegas que consolidase ao longo do tempo unha traxectoria empresarial de prestixio. Estará dotada cunha peza física de deseño exclusivo e unha oferta especial de financiamento a cargo de Banco Pastor.
O xurado elixirá ademais outros tres finalistas na categoría de Idea Emerxente, que recibirán unha peza física de deseño exclusivo e poderán beneficiarse dunha oferta especial de financiamento a cargo de Banco Pastor. A entrega do premio realizarase en novembro, na sede da universidade que resulte gañadora na categoría de Selo de Calidade.
De acordo coas bases, as empresas interesadas en participar poderán enviar a súa candidatura a só unha das dúas categorías, mediante un correo electrónico cun documento en Word no que se inclúan os seguintes datos: nome da empresa, marca comercial, categoría á que se presenta, persoa de contacto, correo electrónico e páxina web da empresa da empresa. O documento deberá incluir a descrición da empresa e os méritos que xustifican a candidatura. Poderase achegar ata un total doutros cinco documentos adicionais para reforzar a candidatura.
Entre os criterios para a primeira selección e a posterior concesión dos premios cóntanse as patentes rexistradas, a experiencia de mercado, o volume de negocio, a internacionalización, a política de comunicación e a mercadotecnia. Tamén se reconocerá a relevancia do sector, empleabilidade, contribución á creación dunha nova economía, relación coa investigación universitaria, perspectivas de crecemento e todos cantos aspectos permitan acreditar a valía das spin-off gañadoras.
Na categoría Selo de Calidade terase en conta especialmente a consolidación conseguida ao longo do tempo das iniciativas empresariais, mentres que na de Idea Emerxente valorarase a creación dunha nova empresa nos últimos 24 meses (do 15 de maio de 2013 ao 15 de maio de 2015) ou a aplicación dun novo coñecemento, proxecto ou idea ao ámbito das spin-off durante ese mesmo período.
Descarga as bases do Premio Galicia Spin-off

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.