Xoves 25 Abril 2024

Zona Franca selecciona 80 proxectos para a aceleradora ViaGalicia

A terceira edición da aceleradora de empresas e emprendedores ViaGalicia, promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, fixo públicos os nomes dos 40 proxectos de Lugo e 40 de Vigo que participarán nos ‘Startup Day’ que terán lugar na sede de Vigo, o día 9 de outubro, e na sede de Lugo, o próximo 16 de outubro. A análise destes proxectos reflicte un perfil dos emprendedores que se corresponde cunha persoa de 35,7 anos de idade media e con titulación universitaria [80,7%], dos que un 10,4% son doutores.
A distribución de proxectos en función da área de actividade amosa un predominio na sede de Lugo de proxectos vinculados ao sector agroalimentario [50,0%], mentres que na sede de Vigo existe unha maior diversidade de sectores produtivos. A distribución de proxectos en función da tecnoloxía aplicada mostra un predominio de proxectos vinculados a desenvolvementos de software, cun 67,5% na sede de Lugo e un 47,5% na sede de Vigo.

Os 15 finalistas recibirán unha contribución financeira de ata 125.000 euros

Agora, os seleccionados participarán nos correspondentes ‘Startup Day‘ de Vigo e Lugo. Esta actividade consiste na organización, nunha única xornada, dunha serie de exercicios e dinámicas de grupo que foron deseñadas co obxecto de avaliar as habilidades persoais dos promotores, como paso previo á selección dos 40 proxectos. Despois de cada Startup Day, seleccionaranse 20 proxectos por sede. Estes proxectos participarán nas dúas Academias e, de entre eles e nunha posterior avaliación, sairán os 15 finalistas que participarán no proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle.
Estes 15 finalistas poderán recibir unha contribución financeira de ata 125.000 euros, baixo as modalidades de subvención a fondo perdido, a través da Axencia Galega de Innovación, e de préstamos participativos, concedidos polas sociedades de capital risco Xesgalicia e Vigo Activo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual

Internacionalización 21-25, a folla de ruta para a saída ao exterior do tecido empresarial

A aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores, principais claves da nova estratexia galega

Formación e innovación, chaves para adaptarse ao novo mundo que xa está aquí

A Xunta impulsa as Unidades Formativas na Empresa e Unidades Mixtas de investigación para achegar á cidadanía as novas realidades laborais e tecnolóxicas

A Coruña, Santiago e Vigo acollen o primeiro foro galego sobre ciberseguridade nas empresas

A cátedra R e o CPEIG impulsan o encontro, que inclúe obradoiros, un ciber-reto e charlas sobre ameazas e solucións de seguridade no eido dixital