Martes 16 Abril 2024

Os parques científicos acollen 5.452 empresas e crean 150.000 empregos

Os parques científicos e tecnolóxicos de España empregan 151.562 traballadores na actualidade, dos cales o 20,4% están especializados en tarefas de investigación e desenvolvemento, segundo revelou a asamblea xeral da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (ATPE), celebrada en Porto do Molle (Nigrán), organizada polo Consorcio Zona Franca de Vigo.

O parque de Porto do Molle, en Nigrán, acollerá o congreso internacional.
O parque de Porto do Molle, en Nigrán, acolle o congreso internacional.

Os parques científicos e tecnolóxicos españois pecharon 2014 cun incremento do 2,6% no número de empresas e dun 2,5% no número de empregados, alcanzando así cifras récord. Un total de 6.452 empresas están instaladas nos seus recintos, das cales 283 son de capital estranxeiro e 918 están en fase de incubación e teñen menos de tres anos de antigüidade.
A facturación destas compañías tamén experimentou un avance con respecto ás cifras de 2013, alcanzando a cifra de 22.327 millóns de euros facturados.
Tras a asamblea, hoxe abriuse a conferencia internacional, na que o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou o papel clave dos parques tecnolóxicos galegos na nova Industria 4.0 cara á que camiña Galicia. Impulsar esa transferencia de tecnoloxía, destacou, é unha das bases sobre as que Galicia elaborou a súa Estratexia de Especialización Intelixente, ou RIS3. No seu primeiro ano de vida, a Xunta di que a RIS3 galega mobilizou 220 millóns de euros, dos que precisamente o 47% se focalizan na transferencia de tecnoloxía. Grazas a esa transferencia, o esforzo dos parques galegos contribuirá así, sinalou Conde, a que Galicia se sume aos cambios que, marcados pola irrupción da fábrica intelixente, xa se están a empezar a ver en Europa, e que consiga deste modo reinventar a súa industria.

A Xunta di que ‘Galicia-Industria 4.0’ xerará 50.000 novos empregos

Para iso, Conde di que Galicia xa conta cunha “estratexia clara e consensuada con todos os axentes económicos e sociais, a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0”, que ten como obxectivos aumentar o peso da industria na economía galega ata alcanzar o 20% do PIB, e creando nese mesmo período 50.000 novos empregos.
O conselleiro incidiu ademais na potenciación dos parques como polos de emprendemento innovador, “a través de proxectos nos que o Goberno galego foi protagonista, con socios de excepción como Zona Franca”. Neste senso, apuntou exemplos como a aceleradora VíaVigo, coa que xunto a Zona Franca o Goberno galego  puxo en marcha 20 proxectos en dúas edicións, aos que se sumarán 15 novas empresas este ano; ou a aceleradora Agrobiotech, que pon o foco sobre o emprendemento innovador en sectores como a biotecnoloxía, a agricultura e a biomasa, e coa que este mesmo ano a Xunta está a apoiar 11 iniciativas empresariais de vangarda.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Axencia Galega de Innovación financia oito proxectos para afrontar a crise da Covid-19

Oito proxectos de investigación con base en Galicia (seis de pequenas...

Dairylac: como dar valor aos lácteos e apostar pola economía circular

A empresa, baseada en Melide, transforma as materias primas e investiga para obter bioplásticos a partir dos seus subprodutos

O Agrobiotech Fest reúne en Ourense a 200 empresas e centros de coñecemento

A terceira edición do evento, cun formato renovado, servirá para reunir a representantes dos sectores téxtil, agroalimentario ou biomédico

As nosas augas seguras con 10.000 análises anuais

A santiaguesa INDROPS estuda os distintos contaminantes das augas galegas e ultima un laboratorio portátil para detectar substancias prioritarias