Xoves 28 Marzo 2024

A start up viguesa Citious, seleccionada para o campus Google

Citious, a app de mensaxería instantánea de atención ao cliente que naceu na segunda edición da aceleradora de empresas ViaVigo, de Zona Franca, foi seleccionada para participar no Google Campus@Exchange que se celebra do 13 ao 17 de xullo en Madrid. Esta selección significa que esta startup galega se atopa entre as oito empresas B2B máis atractivas do panorama español. Citious pasou de ser unha idea a converterse en empresa grazas ao apoio de ViaVigo e os fondos de capital risco Vigo Activo e XesGalicia.

Pantalla da aplicación de mensaxería de Citious.
Pantalla da aplicación de mensaxería de Citious.

Do seu paso polas distintas fases de selección de ViaVigo, os responsables de Citious Jorge J. Rodríguez Núñez e Pablo Gutiérrez Alfaro, destacan que foi esta aceleradora a que lles permitiu converter a súa boa idea de negocio no que apunta xa a ser unha empresa de éxito. No Campus de Google ambos os dous vigueses terán agora a oportunidade de aprender dos mellores profesionais e poderán presentar o seu proxecto ante unha gran cantidade de clientes potenciais.
Pablo Gutiérrez, CEO de Citious e enxeñeiro informático formado no campus de Ourense de la Universidad de Vigo, destaca que “a selección e participación de Citious neste programa se converteu nunha grande oportunidade de crecemento”.
A tecnoloxía desenvolvida por Citious, e que chamou a atención de Google, permite que clientes e empresas poidan comunicarse de xeito cómodo, rápido e personalizado baseado nas novas aplicacións de mensaxería instantánea. “O noso obxectivo é dar paso adiante na atención tradicional ao cliente adaptando as actuais formas de comunicación ás necesidades dos clientes”, explica Jorge J. Rodríguez, CMO de Citious “Para iso -continúa explicando- ofrecemos ás empresas a súa propia aplicación de mensaxería instantánea para que os seus clientes se comuniquen con eles de xeito cómodo, rápido e próximo”.

O campus Google permitirá a Citious presentar os seus produtos a grandes empresas

Estes novos empresarios fixáronse en que “a realidade é que a día de hoxe todos temos unha forma máis cómoda e sinxela de comunicarnos: a mensaxería instantánea. Aplicacións comoWhatsapp. Iso é exactamente o que ofrecemos ás empresas, que os seus clientes poidan comunicarse con eles como se comunican co resto das persoas, abrir a nosa aplicación de empresa e enviar unha mensaxe coas súas dúbidas e problemas para que os encargados de atendelos poidan xestionalas e darlles a mellor atención posible”.
A axenda do encontro inclúe un curso intensivo de management no que os emprendedores poderán asistir a charlas e talleres impartidos por profesionais de Google e por expertos externos en materias como desenvolvemento de negocio, mercadotecnia, tecnoloxía ou presentacións breves de alto impacto coñecidas como pitch. Deste modo, a organización pretende crear espazos colaboradores onde os proxectos poidan enriquecerse mutuamente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O galego é a lingua cooficial cun menor desenvolvemento de tecnoloxía lingüística

Un informe de atlanTTic, incorporado ao European Language Equality, revela a brecha “crítica” respecto ao catalán e o éuscaro en recursos con datos multimedia ou do ámbito da saúde

Así funcionan as novas ferramentas de Google para ‘rescatar’ fotos pixeladas

Algunha vez presenciamos na ficción o procesamento de imaxes de baixa...

RadarCovid e Passcovid: dúbidas e confusión coas ‘apps’ do Goberno e a Xunta

As ferramentas de rastrexo anunciadas polas Administracións, que entrarán proximamente en funcionamento, amosan algúns puntos pouco claros

Google NON instalou unha aplicación para ‘espiar’ o teu móbil coa Covid

Unha cafurna que circula por WhatsApp minte botando falsedades sobre a nova configuración, xa anunciada por Google e Apple en maio