O fotógrafo galego Dani Caxete, nova imaxe de premio

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

O fotógrafo viveirense Dani Caxete volve ter obra seleccionada entre as mellores imaxes do ano nos prestixiosos premios The World At Night (TWAN), que galardoan as fotos máis impactantes do mundo de noite.

Caxete, que actualmente reside en Madrid, está especializado en astrofotografía e paisaxe astronómica. E xa tivo éxito internacional noutra edición de The World at Night, cunha imaxe dos cantís de Loiba, preto de Ortigueira, e a Vía Láctea xunto ao que chaman o banco máis bonito do mundo.

Publicidade

Ademáis, Dani Caxete ten conseguido que varias das súas imaxes sexan elixidas pola NASA para a súa sección A Picture of the Day (APOD), que GCiencia publica en galego diariamente grazas ao astrofísico Dosi Veiga, que se encarga das traducións e comentarios destas fotografías.

Aquí podes ver a nosa recente entrevista en GCiencia con Dani Caxete.

A foto de Dani Caxete premiada pola súa imaxe do ceo nocturno dende Loiba.
A foto de Dani Caxete premiada pola súa imaxe do ceo nocturno dende Loiba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.