Un libro aberto da historia de Galicia a carón da area

Panorámica do xacemento e o seu entorno.

É probable que algún lector de GCiencia pase hoxe, domingo, día de praia e día do Carme, por diante deste xacemento, que aporta valiosos datos sobre a nosa historia. Está situado a carón dunha das praias con máis sona de Galicia, á entrada dunha península que é destino turístico de milleiros de persoas no verán, e nunha comarca que tamén recibe moitos visitantes nestas datas.

Mais non todo vai ser sol e praia. Con só deterse e pasar un tempo neste enclave, é posible aprender historia nuns dos xacementos máis importantes de Galicia. No mesmo lugar tamén se atopan unha ermida e un castelo medieval, que lle dan aínda máis atractivo. As últimas escavacións realizadas nesta zona, en 2010 e 2016 permitiron confirmar que o xacemento foi durante a época romana e sueva un gran centro dedicado ao comercio. Confírmao o feito de que se atoparon restos de cerámicas procedentes de diversos puntos do Mediterráneo e a existencia dunha factoría de salgadura, que polo menos funcionou entre os séculos III e I a.C.

Publicidade

Sabedes onde estamos hoxe? A resposta, aquí.

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.