A escultura vítima do acto vandálico en Compostela.

A escultura vítima do acto vandálico en Compostela.

Pintan con bigotes unha escultura do século XII da catedral de Santiago

Buscan aos autores do acto vandálico en Praterías, que podería levar multas entre 6.000 e 150.000 euros

A escultura vítima do acto vandálico en Compostela.

A escultura vítima do acto vandálico en Compostela.

Unha escultura da fachada de Praterías da catedral de Santiago amenceu hoxe vítima dun acto de violencia contra o Patrimonio, con pintadas que puñan bigote e gafas á obra, xunto cun grafito coa palabra ‘Kiss’ e a inconfundible representación do famoso grupo de rock.

Ata o lugar desprazáronse diversas autoridades para expresar a súa condena polo acto. “É unha falta de civismo e respecto”, dixo Martiño Noriega, alcalde de Santiago. Asegurou que a súa cidade, ata a que cada ano chegan miles de ‘peregrinos’ que realizan o ‘Camiño de Santiago’, é “moi aberta e tolerante” pero que “fronte a este tipo de accións” son “intolerantes”.

“Se atacan o noso Patrimonio, atácannos a todos”, expresou pola rede Twitter o alcalde.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, cualificou o acto como “unha barbaridade e un atentado cultural”. As persoas responsables non foron localizadas aínda. Rodríguez lembrou que o acto é un delito e que, aplicando a Lei de Patrimonio, implicaría “sancións que poden oscilar entre 6.000 e 150.000 euros”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.