Pasatempo de Betanzos: do esplendor ao abandono

Estanque e illa do Retiro, un dos emblemas do parque, que actualmente presenta grave risco de colapso. Foto: R. Pan.
Estanque e illa do Retiro, un dos emblemas do parque, que actualmente presenta grave risco de colapso. Foto: R. Pan.
Estanque e illa do Retiro, un dos emblemas do parque, que actualmente presenta grave risco de colapso. Foto: R. Pan.
Estanque e illa do Retiro, un dos emblemas do Pasatempo, que actualmente presenta grave risco de colapso. Foto: R. Pan.

O Pasatempo de Betanzos resiste, por agora, pese a que algo parece empeñado en acabar con el. Mais hai algo na súa esencia que, por riba do desleixo sufrido, o mantén vivo aínda hoxe. Foron moitas ofensas: o abandono, a indiferenza e o saqueo durante o franquismo; como o caso dos maxestosos leóns de mármore de Carrara que os herdeiros dos seus creadores lle venderon ao Arcebispado de Oviedo en 1970, e que aínda hoxe locen en Covadonga; o roubo de moitas pezas escultóricas que agora descansan en mans privadas; a destrución, a base de paladas de terra, de máis do 70 por cento da súa superficie orixinal: baixo unha zona polideportiva están soterradas centos de xoias patrimoniais.

(Arrastra o cursor para ver o antes e o despois)

A penúltima destas aldraxes foi a que fixo reaccionar a un amplo grupo de veciños de Betanzos e amantes do parque doutros puntos do país, cansos de ver como ninguén actuaba de xeito decidido. A comezos de 2017 colapsou parte do muro do Estanque da Gruta, o que obrigou a valar a zona para impedir o tránsito de persoas e que o desgaste continuase. Foi entón cando se constituíu a Asociación de Amigos do Pasatempo, moi activa neste último ano para reivindicar que o Pasatempo teña por fin o recoñecemento que ao seu xuízo merece. Mozos e maiores unidos pola paixón ao parque. Entre eles, José Souto, un aparellador da Coruña que se enganchou a historia do Pasatempo e que puxo en marcha hai anos un blog que é unha visita obrigada para moitos amantes do parque, con milleiros de documentos sobre a súa historia.

Publicidade

O parque enciclopédico de Betanzos, ideado e construído entre 1893 e 1914 polos irmáns Juan e Jesús García Naveira, é unha homenaxe ao coñecemento científico, ao progreso e á imaxinación. Unha frenética mestura de estilos e historias, onde moitos ven constantes referencias á masonería, pero tamén á natureza ou á mitoloxía clásica, e unhas figuras inspiradas, en moitos detalles, na arte francesa do século XIX. Os García Naveira, indianos e viaxeiros por medio mundo, investiron na súa vila natal a fortuna que fixeron na Arxentina. Esta é a cronoloxía do parque:

Restauracións “sen sentido” no Pasatempo

Despois do abandono que sufriu o parque durante máis de 50 anos, nos anos 80 o Concello de Betanzos merca o parque, entón en moi mal estado, para acometer a súa restauración. Con todo, as obras daquel momento, aínda que permitiron recuperar parte do complexo, son moi criticadas polos Amigos do Pasatempo, expertos en restauración e moitos veciños da vila. “Foi algo sen sentido“, lamenta José Souto.

Algunhas destas accións, a xuízo de Souto, son causantes do actual deterioro estrutural do parque. “Hai erros no máis esencial”, lamenta. Destaca a construción da pasarela metálica, que soporta o peso da entrada de todos os visitantes, ao mesmo tempo, descarga parte do seu peso nalgúns dos muros do parque. Un dos piares da pasarela descansa sobre un dos muros da Gruta da Recoleta, que xa amosa notables fendas. Outros dous están a moi poucos metros da parte que caíu en febreiro de 2017. E precisamente esta pasarela vai ser a única beneficiada das únicas obras aprobadas actualmente para mellorar o parque: investiranse máis de 260.000 euros nela, pero non hai traballos aprobados nas zonas máis afectadas do Pasatempo.

(Arrastra o cursor para ver o antes e o despois)


E os erros non foron só estruturais. Daniel Teijeiro, veciño de Betanzos e estudante de Historia da Arte, engade: “Non respectaron nin as policromías nin os materiais de moitas obras”. Algunhas actuacións destruíron directamente as figuras. É o caso dunha cornixa adornada con numerosas especies de animais: a cabeza está arrincada, e no seu lugar aparece un tubo de chumbo que pretendía usarse como desaugadoiro. Algo semellante acontece con outros monumentos, como a fonte da Medusa.

Amais, a restauración non atendeu a un dos emblemas do parque: a illa do Estanque do Retiro. “Hai un informe que alerta de risco de colapso, e ninguén llo comunica aos visitantes”. Así, é habitual que os turistas se fagan fotos na illa, moitas veces inconscientes do risco que corren.

9 COMENTÁRIOS

  1. Uno siente un resquemor extraño en las tripas cuando sabe que hay cientos de millones para cientos de cosas inútiles y no hay unos cientos de miles cada año para en un plazo determinado tener completamente restaurado este lugar. El idioma no va atraer mas gente a Betanzos pero este parque restaurado sería una inmejorable inversión que además podría acarrear la creación de algún puesto de trabajo y que la gente estaría dispuesta a pagar un dinero razonable por poder visitarlo y disfrutar de este lugar. La última palabra lo tienen los de Betanzos y el hacer uso de la fuerza de sus votos para conseguirlo. Mi apoyo y mi firma la tenéis.

  2. Mejoraría mucho Betanzos con la obra restaurada. Acudirán miles de personas a contemplarlas y los amigos del arte los primeros. Sería un gran despertar para Betanzos, no sólo por las tortillas. Que por cierto saboreé. La próxima vez iría a ver el monumento feliz. Anímense pero copiando al original, y que devuelvan el esplendor que tuvo y todo lo que han llevado.

  3. El pueblo debe pensar en las ilusiones que han puesto los hermanos Navieras. Y su capital. Para disfrute de sus paisanos en su ciudad natal. Era una gran obra, bellísima. Mal agradecidos…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.