1º premio: "A batalla entre o inverno e a primavera", de Ana Tsitsishvili, estudante de Agricultura da universidade de Georgia, en Tbilisi.

1º premio: "A batalla entre o inverno e a primavera", de Ana Tsitsishvili, estudante de Agricultura da universidade de Georgia, en Tbilisi.

Obras de arte en placas de Petri

A Sociedade Americana de Microbioloxía convoca anualmente un concurso de imaxes creadas a partir de microbios

O noso aire transparente e colorido, de Ana Tsitsishvili, unha das obras do concurso.

“O noso aire transparente e colorido”, de Ana Tsitsishvili, unha das obras do concurso.

A natureza é en si mesma unha obra de arte. Pero tamén é posible moldear a vida microbiana para crear auténticas marabillas pictóricas e escultóricas. Nesta idea baséase Agar Art, un concurso anual impulsado pola Sociedade Americana de Microbioloxía no que participan artistas de todo o mundo, tanto científicos como profesionais da pintura. As imaxes son cautivadoras.

Segundo explica o portal Microsiervos, o proceso consiste en depositar en placas de Petri bacterias da cor adecuada – ben porque teñen esta cor de xeito natural ou porque foron modificadas para telo – sobre o agar-agar, unha substancia xelatinosa empregada para os cultivos microbiolóxicos grazas a que non pode ser degradada polos microorganismos. Ao medraren, as bacterias van adquirindo a cor que dá lugar ás obras de arte de Agar Art. Estas son as gañadoras de 2018:

1º premio:

1º premio: “A batalla entre o inverno e a primavera”, de Ana Tsitsishvili, estudante de Agricultura da universidade de Georgia, en Tbilisi.

2º premio:

2º premio: “A miña visión amarela!”, de
Bornali Bhattacharjee, investigadora do National Institute of Biomedical Genomics, Kalyani, India.

3º premio:

3º premio: “Sustento”, de Mehmet Berkmen, investigador do New England Biolabs, Ipswich (Massachusetts), e
Maria Peñil Cobo, artista.

Premio do público:

Premio do público: “Unha odisea de Salmonellosis”, de María Laura Echarren, investigadora da Universidad Nacional de Rosario, Instituto de Biología Molecular y Celular de Rosario, Rosario, Argentina.

Nesta galería podes ver máis obras de arte que participaron en Agar Art 2018.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.