Unha foto de Fisterra, premio no World at Night

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Daniel Llamas.

A astrofotografía segue a darlles alegrías aos fotógrafos galegos. Ademais da impactante imaxe da Lúa tomada polo viveirense Dani Caxete, outra foto dun creador galego foi recoñecida no certame  The World At Night (TWAN), un dos concursos de astrofotografía máis destacados do mundo. Trátase dunha imaxe do coruñés Daniel Llamas, tomada xunto ao cabo Fisterra, titulada “End of World, End of Light”.

Daniel Llamas recibiu tamén nos últimos días outro recoñecemento en forma de segundo premio no Fine Art Photography Awards grazas a unha serie realizada no faro de Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.