marte terra

Marte xa se ve máis grande e próximo á Terra

O Planeta Vermello estará a menor distancia e a súa presenza será dende hoxe o gran espectáculo astronómico

marte terra

Hoxe, 31 de xullo, Marte estará moi próximo á Terra. A distancia entre ambos os planetas será de 57,56 millóns de quilómetros, o que supón que nunca estiveran tan preto desde 2003. Mirando cun telescopio de 75 aumentos, o planeta vermello verase tan grande como o disco da Lúa a primeira ollada.

Marte pode ser avistado polo ollo humano coa maior claridade nos últimos 15 anos nestes días, grazas a que as órbitas de ambos os planetas fixeron que se atopen no punto máis próximo neste período. Marte achégase á Terra cada dous anos, pero, neste momento, pola súa órbita achégase moito máis que outras veces e podémolo ver moi brillante e máis grande que habitualmente. Para velo, “deberá alzar a súa mirada cara á Lúa e, á súa dereita, poderá atopar un punto vermello alaranxado máis brillante do normal -Marte- e, ao seu lado, outro planeta: Saturno.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.