A tira de Luis Davila sobre o galego: xaneiro

A tira de Davila.
A tira de Davila.
A tira de Davila de xaneiro.

Unha iniciativa para impulsar o galego dende a universidade, tamén no eido investigador. O artista Luis Davila tira de ironía no calendario da Universidade de Vigo para 2017. En 12 tiras sobre o galego presenta os doce meses do ano en doce tiras de humor que achegan unha reflexión sobre o uso da lingua galega. A iniciativa corresponde á Área de Normalización Lingüistica da Universidade de Vigo e tamén está dispoñible en liña. Esta é a primeira delas, correspondente ao mes de xaneiro.

11 COMENTÁRIOS

  1. Son galega e vivo na Arxentina hai máis de dez anos. Aquí tamén se fala galego. Aquí coñecín xente que estaba estudando portugués e víñame consultar para que os axudara. O galego e a lingua dos meus abuelos, un deles estuvo no frente do lado franquista. Non me da moita alegría, pero aínda así, entre eles falaban galego e é a miña herdanza. Felicito a Iria, que escribiu máis arriba, e comparto a súa opinión: falar aínda que solo sea un idioma máis ábreche moito a cabeza e facilítache o aprendizaxe de outras. E de regaliño déixovos unha frase que sempre di miña nai: a ignorancia e moi atrevida. Bicos <3

  2. os galegos non deberiamos de esquecer aue galego-portugués/brasileiro, somos uns 220 millons de falantes!.

  3. Bueno caralho que escribiron de que vale o castelan depous dos Pirineus. E logo solo hay Espanha que fala o castelan, A América Latrina como queda?

    • Un galegofalante pasa dos Pirineos e deféndese igualiño que un castelanfalante. A ver se voltamos á mesma tontería de “yo le hablo el castellano a mi hijo porque el gallego no le vale para nada fuera de Galicia” como se o que fala galego non fose capaz de falar castelán ou outro idioma. Outra cousa é que en Galicia sexas galegofalante porque así te educaron e non tes porque falar outra lingua que non é a túa e veñan os castelanfalantes impoñendo que se lles fale en castelán porque non o entende. Ollo! Non falo de xente castelá, senon de galegos que falan castelán e te miran con cara rara por falar galego. E digocho eu que por desgracia non vivo en Galicia e nunca problema tiven para facerme entender e que me entenderan. E aínda teño que escoitar tonterías de “¿ le hablas en gallego a tu hijo?”. Se che parezo falolle sueco, non te fastidia.

  4. Viva el trilingüismo, en las comunidades autónomas castellano, inglés y el que proceda, soy afortunada, hablo gallego, catalán, castellano e inglés. Estoy estudiando sueco y me defiendo algo con italiano y francés. La cultura lingüística en España es fantástica y no la aprovechamos.

  5. Antonio Saavedra, seguro que ti pensas que en Galicia se fala galego como algo anecdótico, puntual e pintoresco. Pois non, machiño. Falamos galego porque somos galegos. E iso de que pasado Ponferrada ó galego non vale, dime de que vale ó castelan pasados os Pirineos. Os teus argumentos son pouco validos.

  6. O que hai que soterrar son as ideoloxías excluíntes e neocon. O mundo ou é dos pobos ou non será, máis que para uns poucos… cráneos previlexiados…

    • Es cierto querido Antonio, los gallegos tenemos que ver más allá del telón de grelos, dejar el aldeanismo local y pasarnos al aldeanismo global.Saludos

  7. No sé cómo se pone en visigodo, pero seguro que intuiría peligro. El gallego queda muy bonito entre amigos tertulianos y con una birras por medio, pero de Ponferrada para allá no te comes una gamba aun que sean gallegas. El siglo XXI nació para la “aldea global”. Esta será la “Era de la Comunicación”, poder tener una novia en Hong Kong es la gran ilusión. Pero claro tenemos que enterrar a los visigodos. Ya.

    • Macho, tería sentido se o dixeras en inglés, e nin eso.
      Calquera galegofalante ten facilidade para dominar o portugués e eso abre máis portas que unha persoa que sólo fale castelán. A poboación galegofalante, salvo contadas excepcións (xente maior do rural principalmente) comprende e fala e escribe perfectamente en castelán, aínda que te sorprenda meu.
      Eu á maiores de galego e castelán falo inglés, probablemente neste mundo globalizado que ti dis (o único no que che dou á razón) debido a que falo galego estea mellor preparado ca ti.
      Falar galego é unha opción válida tanto para o día a día como para facer ciencia ou ter unha moza en Hong Kong. É parte da nosa cultura e deberíamola valorar sen caer nese paletismo provinciano de que o galego é inferior e non serve.
      Como me dixo unha vez unha compañeira facendo o doutorado en USA “Nunca tanto gallego hablé como aquí”… a tutora era Brasileira e adiviña cal era a lingua franca?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.