Imaxe do iceberg que ameaza a vila de Innaarsuit, en Groenlandia. Foto: Karl Petersen - Getty Images.

Imaxe do iceberg que ameaza a vila de Innaarsuit, en Groenlandia. Foto: Karl Petersen - Getty Images.

Un iceberg pode inundar esta aldea en Groenlandia

A Axencia Espacial Europea advirte da proximidade dun bloque de xeo de 10 millóns de toneladas á vila de Innaarsuit

Imaxe do iceberg que ameaza a vila de Innaarsuit, en Groenlandia. Foto: Karl Petersen - Getty Images.

Imaxe do iceberg que ameaza a vila de Innaarsuit, en Groenlandia. Foto: Karl Petersen – Getty Images.

As imaxes impoñen. Como todos os veráns, o desxeo no Ártico deixa á deriva enormes bloques de xeo que causan algún que outro susto na navegación. Pero desta vez, quen está en perigo é toda unha aldea, a de Innaarsuit, en Groenlandia, de 169 habitantes. O pasado 9 de xullo, o satélite Sentinel-2A da Axencia Espacial Europea retratou un enorme iceberg achegándose a esta localidade da costa oeste de Groenlandia. “Se o bloque colapsa, as ondas resultantes da caída poderían levar por diante parte da aldea”, advertía a ESA.

Para facerse unha idea do tamaño do iceberg, publicaron unha imaxe no que comparan o seu volume de auga co do Coliseo de Roma:

Volume do iceberg comparado co Coliseo de Roma. Fonte: Axencia Espacial Europea.

Volume do iceberg comparado co Coliseo de Roma. Fonte: Axencia Espacial Europea.

É habitual que os icebergs se acheguen a Innaarsuit, segundo sinala a Axencia, mais este é o máis grande que se lembra, cun peso estimado de 10 millóns de toneladas e unha altura duns 100 metros. Nos últimos días, xa se desprenderon partes do bloque de xeo, que provocaron pequenas ondas e puxeron en alerta á veciñanza. Ademais, a planta de enerxía que abastece a Innaarsuit está a carón da costa, polo que é posible que se vexa afectada polas ondas e provoque cortes de subministro. Ante esta situación, as autoridades comezaron a evacuar aos veciños e instáronos a que se moveran a zonas máis elevadas, lonxe da beira.

As últimas previsións apuntan a que o bloque podería pasar sen causar danos e dirixirse cara o norte. Porén, segundo as imaxes do satélite, hai outras grandes masas de xeo próximas á zona.

Segundo destaca a propia ESA, os catro principais glaciares de Groenlandia (Jakobshavn Isbrae, Petermann, Nioghalvfjerdsfjorden e Zachariae Isstrom) conteñen suficiente auga para aumentar o nivel do mar no planeta en 1,8 metros. Por isto, a Axencia estuda moi de preto a evolución do desxeo nestes puntos, que é máis rápida no verán debido ás temperaturas máis elevadas.

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.