As dúas imaxes 'galegas' finalistas do prestixioso concurso de astrofotografía.

As dúas imaxes 'galegas' finalistas do prestixioso concurso de astrofotografía.

Dous galegos, finalistas do concurso de astrofotografía máis importante do mundo

Carlos F. Turienzo e Dani Caxete foron seleccionados no Astronomy Photographer of the Year, certame organizado polo Observatorio de Greenwich

As dúas imaxes 'galegas' finalistas do prestixioso concurso de astrofotografía.

As dúas imaxes ‘galegas’ finalistas do prestixioso concurso de astrofotografía.

Galicia volve aparecer como referencia no mundo da astrofotografía. Esta semana, o Real Observatorio de Greenwich, a prestixiosa institución con sede no lugar por onde pasa o célebre meridiano, acaba de dar a coñecer unha selección de fotografías das que sairá o gañador do Astronomy Photographer of the Year, un dos certames máis prestixiosos no eido da astrofotografía.

E entre estas imaxes, hai dúas tomadas por autores galegos; son Dani Caxete, de Viveiro, e Carlos F. Turienzo, de orixe palentina pero afincado desde hai anos entre A Coruña e Carballo.

Dani Caxete

“ISS sunspots”, de Dani Caxete.

O fotógrafo viveirense foi seleccionado grazas a unha espectacular imaxe na que foi quen de captar a Estación Espacial Internacional xusto no momento no que esta pasaba por diante dunhas manchas solares. É o sétimo ano consecutivo que o autor galego consegue entrar na final do certame. A instantánea foi tomada en Madrid en setembro de 2017. Un traballo de enorme complexidade técnica que o propio Caxete explica perfectamente neste vídeo.

Carlos F. Turienzo

“Guardian of Tre Cime”, de Carlos F. Turienzo.

O outro finalista galego foi algo máis lonxe para tomar a imaxe que o fixo entrar entre os mellores autores de astrofotografía do mundo. Turienzo viaxou ata os Dolomitas, no norte de Italia, para conseguir unha fotografía que titulou “Gardián de Tre Cime“, en alusión aos tres famosos picos desta cordilleira. Así describe o fotógrafo galego aquel momento.

“Viaxamos durante 24 horas sen durmir para chegar ao destino e poder conseguir unha noite co ceo claro nas condicións axeitadas. Despois de chegar e tomar unha boa cea, subimos ao alto dun cantil e esperamos a que chegara a noite. Desafortunadamente, había nubes. Quedamos alí, sendo optimistas, sabendo que os nosos esforzos terían recompensa, e de súpeto as nubes desapareceron e apareceu a maxia. Unha Vía Láctea marabillosa apareceu entre as montañas! Foi incrible estar alí gozando do magnífico espectáculo. Realmente, un soño feito realidade”.

O gañador do prestixioso concurso de astrofotografía darase a coñecer o 23 de outubro.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.