Os observadores do ceo prepáranse para recibir dúas importantes choivas de meteoritos este mes de novembro: as Táuridas, cun máximo de visibilidade o 10 e 11 de novembro, e as Leónidas, o 17 de novembro.
Estes fenómenos prodúcense cando a Terra se atopa periodicamente, na súa viaxe arredor do Sol, con correntes de cascallos de cometas ou, ocasionalmente, asteroides. As partículas dos refugallos estrélanse contra a atmosfera da Terra e quéimanse, producindo un meteoro ou ‘estrela fugaz‘.
As Táuridas son denominadas así porque parecen irradiar desde a constelación de Tauro. Chegarán ao seu punto máximo o venres e o sábado (10 e 11 de novembro), mentres que a Lúa se atopa na súa fase minguante.
O mellor momento para ver este evento é aredor da medianoite. Este fenómeno é causado polo ronsel do cometa Encke.
As Leónidas, pola súa banda, alcanzarán o seu punto máximo o 17 de novembro. O pico desta ‘choiva’ é un momento ideal para os observadores do ceo, xa que a Lúa non estará presente no ceo. Ocasionalmente, as Leónidas producen tormentas de meteoros, como en 1966, cando caeron tantos meteoros que os observadores indicaron que a visión semellaba que estaba a chover. Este ano espérase que produza meteoros débiles, a unha taxa duns 10 por hora. Os meteoros chegarán ao seu punto máximo no ecuador da madrugada. A fonte deste evento é o cometa Tempel-Tuttle.
Pódense ver na Galiza, nalgún punto?