Así eran as cidades galegas desde o aire hai 70 anos

Lugo.
Lugo.
Lugo.
Lugo.

Hoxe en día é moi sinxelo visualizar Galicia desde o aire grazas a numerosas ferramentas, mais hai 71 anos, as posibilidades eran moito menores. Unha das primeiras fontes cartográficas con imaxes reais foi o voo americano realizado entre 1956 e 1957, que permitiu obter un gran retrato do territorio galego desde o ceo. Agora, a Xunta acaba de publicar, a través do Instituto de Estudos do Territorio, imaxes aéreas das sete cidades galegas tomadas no ano 1946, tamén polo exército estadounidense.

“A importancia desta información radica na súa utilidade para a comprobación da evolución das zonas urbanas, as dinámicas fluviais ou hidrográficas, repoboacións, superficies de cultivo e grandes infraestruturas”, segundo informan desde a administración autonómica.

Publicidade

Así, o Instituto de Estudos do Territorio incorporou aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo con estas imaxes, tomadas a escala cartográfica e libres de deformacións, que permiten o seu uso como mapas e mesmo realizar medicións.

Este mapa é o anticipo dun proxecto de recollida de información no que está a traballar o IET, dentro de Plan Nacional de Ortofotografía Nacional histórica, en colaboración co Ministerio de Defensa.

10 COMENTÁRIOS

  1. O voo americano da Serie A (1945-1946), segundo a zona, xa comenzara a finais de 1945. O voo americano Serie B foi feito nos anos 1956-57 e se confunde moito co voo catastral tintado que é lixeiramente anterior (un ou dous anos, atopei pequenas diferenzas) e feito por unha empresa española. Neste enlace están estes dous voos americanos pero non están ben posicionados (xeorrefernciados) ademais doutros. Dependendo da distancia, pódense ver nos laterais dos fotogramas as datas dos voos: https://fototeca.cnig.es/

  2. Creo que servíu de base para o estudio Catastral. Agora utilizándose Drons, que pagamos a razón de 60€ cada administrado catastral. Invadido o meu espazo aéreo e a miña intimidades. Foi máis barato o voo americano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.