A sonda Mars Express fixo o achado deste lago marciano.

A sonda Mars Express fixo o achado deste lago marciano.

Atopan un lago de auga líquida baixo a superficie de Marte

A revista SCience publica o achado, realizado cun radar da nave Mars Express da Axencia Espacial Europea

A sonda Mars Express fixo o achado deste lago marciano.

A sonda Mars Express fixo o achado deste lago marciano.

O radar da nave espacial Mars Express detectou unha superficie reflectora, dun 20 km de longo, a quilómetro e medio de profundidade no polo sur marciano. Os científicos consideran que é unha enorme reserva de auga líquida, parecida aos lagos subglaciais da Terra, como o Vostok na Antártida. A presenza de auga líquida en Marte leva sendo obxecto de debate entre os científicos desde hai décadas, pero agora un equipo de investigadores italianos parece resolver o misterio.

Utilizando o radar dun orbitador espacial para explorar os casquetes polares, localizaron un lago de auga líquida baixo o xeo do planeta vermello. O descubrimento publícase esta semana na revista Science e anunciouno hoxe a Axencia Espacial Italiana en Roma.

A detección realizouse co instrumento MARSIS ( Mars Advanced Radar for Subsurface and Ionosphere Sounding), un radar italoestadounidense de baixa frecuencia que leva a sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea.

Este instrumento envía pulsos radar que penetran no terreo e as capas de xeo, medindo despois como se propagan e rebotan as ondas na nave espacial. Os ecos reflectidos proporcionan información sobre o que hai debaixo da superficie. Os datos tomáronse entre maio de 2012 e decembro de 2015, e a zona sondada foi a rexión Planum Australe, situada no extremo sur do planeta.

Deste xeito, os investigadores atoparon un cambio moi brusco no sinal aproximadamente a 1,5 km de profundidade. “Son evidentes os reflexos subsuperficiales brillantes dentro dunha área ben definida, duns 20 quilómetros, que aparece rodeada doutras áreas moito menos reflectoras”, destacan os autores, liderados por Roberto Orosei desde o Istituto Nazionale dei Astrofisica, en Bolonia.

A auga pode manterse líquida grazas a disolución de sales minerais marcianas

A análise dos ecos mostra que o brillo desa zona ten unha constante dieléctrica alta, unha característica propia da dos materiais acuosos. De feito, o perfil da sinal radar é similar ao dos lagos de auga líquida que se atopan debaixo das capas xeadas da Antártida e Groenlandia.

“Na Terra estas condicións só suceden en lagos subglaciais como o lago Vostok, na Antártida”, subliña Orosei, que, tras analizar varias posibilidades, conclúe que as características observadas só pódense interpretar pola existencia dunha masa estable de auga líquida.

Para explicar por que este lago subglacial marciano non está conxelado –algo que debería acontecer debido a que a temperatura ambiente é inferior ao momento de conxelación da auga pura–, os autores expoñen que os sales de magnesio, calcio e sodio, que se sabe están presentes nas rochas marcianas, poden estar disoltas na auga formando unha salmoira. Esa circunstancia, xunto coa presión que exercen as capas de xeo de arriba, reducirían o punto de fusión e permitirián que este lago marciano permaneza líquido, como lles acontece aos seus homólogos da Terra.

LAGO MARCIANO 4

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.