Asombro pola chegada dun asteroide ou cometa interestelar

visitante-kSmH--620x349@abc

Astrónomos de todo o mundo están a apuntar os seus telescopios cara a un pequeno asteroide, ou seica un cometa, que parece orixinario de fóra do noso sistema solar, é dicir, ser o primeiro corpo interestelar observado ata agora. Este raro obxecto, designado de momento como A/2017 Ou1, ten menos de 400 metros de diámetro e móvese moi rápido. Foi descuberto o 19 de outubro polo telescopio Pan-STARRS 1 da Universidade de Hawaii durante unha procura para a NASA de obxectos próximos á Terra.

“O que se confirmou é que se trata dun obxecto que se move nunha órbita hiperbólica, o primeiro xamais observado deste tipo”, destaca o astrónomo español Carlos de la Fuente Marcos. “O máis probable é que a súa orixe sexa interestelar, pero tamén podería tratarse dun cacho (de cometa ou asteroide) do Sistema Solar lanzado nunha órbita hiperbólica fai xa moito tempo tras un encontro próximo con Xúpiter ou o Sol. De ser así, agora estaríamos a nos cruzar con el outra vez de xeito accidental. Se se consegue obter un espectro, podería confirmarse (ou non) a súa orixe interestelar. En calquera caso, na súa órbita actual parece provir da constelación da Lira”.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.