Xoves 25 Abril 2024

A Xunta eleva ata o 90% a capacidade máxima nas actividades sociais

Agás nos locais con horario nocturno, que seguirán no 75%, reláxanse as restricións en hostalaría, comercios, actos culturais ou instalacións deportivas

No día que Galicia se sitúa cunha incidencia arredor dos 22 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e con apenas 700 persoas baixo seguimento por mor da infección do SARS-CoV-2, a Xunta anunciou un novo paso cara a un escenario que cada vez semella máis próximo: o da superación da fase aguda da pandemia e, deste xeito, unha recuperación da actividade semellante á anterior a marzo de 2020. Así, e segundo acordou o comité clínico que asesora ao Goberno galego, ampliarase do 75 ao 90% a capacidade máxima (tanto en interiores como en exteriores) en actividades como a hostalaría, actos culturais, comercios, academias, lugares de culto ou instalacións deportivas. As medidas entrarán en vigor, despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, na medianoite do venres ao sábado.

A comunidade galega é, xunto a Asturias, a única que se sitúa actualmente nun risco epidemiolóxico baixo, establecido como a chamada “nova normalidade”, e a incidencia a sete días xa está por baixo dos 10 casos/100.000 habitantes. Segundo destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, 249 dos 313 concellos non rexistraron ningún caso de coronavirus nos últimos sete días.

Publicidade

Neste escenario, o grupo de expertos e expertas que asesora á Xunta acordou “avanzar nun novo sistema de vixilancia da pandemia, onde se retomará o modelo de ‘retrorastrexo’ de casos, se incidirá no control da trazabilidade dos gromos e na secuenciación de posibles variantes do virus, e se implementará un seguimento da efectividade vacinal”, detallou a Consellería de Sanidade nun comunicado.

Novos límites de capacidade

Así, como regra xeral, aumentarase a capacidade máxima en diversas actividades sociais ata o 90%. Elimínase tamén o máximo de persoas que poden realizar actividades en grupo. Nos establecementos de hostalaría con horario nocturno mantense a limitación ao 75% da capacidade máxima.

No caso dos espectáculos musicais e artísticos con público sentado -tanto en recintos interiores como ao aire libre- poderán ampliar a capacidade de público do 75 ao 90% de aforo. No caso de desenvolverse estas actividades con público de pé, establécese un máximo do 50% para o interior, e amplíase do 33 ao 66% se teñen lugar ao aire libre. Neste último suposto, e sempre e cando se cumpra a capacidade, suprímese a limitación máxima de 5.000 persoas que estaba establecida até o de agora.

Na hostalaría amplíase o número máximo do grupo de persoas en interior que pasa de 8 a 10 persoas, e de 15 a 20 nas terrazas. A capacidade dos locais de hostalería cun nivel menos estrito de compromiso coa prevención da Covid-19 (os que amosan unha ‘cunchiña’ como indicativo, segundo os dous niveis que marca a Xunta) quedan fixados no 75% interior e increméntase ao 90% no exterior. No caso dos locais encadrados no nivel de ‘dúas cunchiñas’ amplíase ao 90% no interior e permanece o 100% nas terrazas.

No transporte público, do 100% de usuarios sentados que xa estaba implantado, increméntase agora o aforo de persoas de pé até o 75%. Nos caso dos albergues e hoteis a súa capacidade aumenta até o 75%; e no que atinxe aos velorios tamén se verá ampliada a súa capacidade máxima actual, ao pasar dun máximo de 10 persoas a 20.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas