Cartel da campaña
Cartel da campaña "Xoguetes sen estereotipos de xénero". Fonte: depo.gal.

Un Nadal con xoguetes sen estereotipos de xénero

A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña para evitar os prexuízos e roles tradicionais á hora de agasallar durante estas festas

ONTIDO PATROCINADO]

Xogar é un dereito, unha fonte de aprendizaxe e enriquecemento persoal recoñecida na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989, aprobada por Nacións Unidas. E neste sentido, o Nadal, un momento no que moitos nenos e nenas reciben os seus agasallos en forma de xoguetes, cómpre inculcar desde a infancia un desenvolvemento de igualdade, inclusión e respecto á diversidade e sen violencia. Este é o o obxectivo da campaña “Xoguetes sen estereotipos de xénero”, impulsada pola Deputación de Pontevedra, coa que se procura transmitir a necesidade de rachar coas crenzas e roles tradicionais, que poden chegar a limitar as aspiracións e condicionar o comportamento dos máis pequenos.

Trátase, en palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, de “romper o muro dos prexuízos” para fomentar que as novas xeracións crezan xogando felices”, subliña Silva. “É o noso deber e o noso compromiso coa igualdade de oportunidades, coa igualdade
real e co compromiso de crear unha sociedade máis xusta”, expón a presidenta.

“Queremos que as nosas nenas e os nosos nenos aprendan xogando, sen prexuízos, e así destruír ese muro no que hai xoguetes para nenos e para nenas en distintos corredores das tendas, hai envoltorios distintos para cada un deles, e onde os xoguetes rosas son só para nenas e o fútbol parece que só é para nenos”. A presidenta deu a coñecer os contidos desta nova iniciativa este martes en Vigo, acompañada por unha das súas autoras, Isabel Blanco, así como do alcalde da cidade, Abel Caballero, e a concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Uxía Blanco.

A campaña ten como eixos centrais unha serie de carteis, que circularán nos autobuses urbanos de Vigo, ademais dun vídeo, con imaxes de Luz Beloso e texto de Isabel Blanco. Na imaxe do cartel aparecen un grupo de nenas e un neno que son os que se poñen por riba e agretan as verbas “estereotipos de xénero”, para amosar a mensaxe final de “Igualdade, diversidade e non Violencia”. No vídeo, montado por Alejandra Castro, técnica da Deputación, os e as protagonistas cobran voz e movemento para romper o muro dos prexuízos, animando así a “cambiar as regras do xogo”, como insistiu Carmela Silva, “porque nós, así, non xogamos”.

En palabras de Silva, “hai unha clara irresponsabilidade social en non tomar en serio o que ten que ver co mundo do xogo e do xoguete” e “hai que rachar co muro da desigualdade”. “Ata os cinco anos as nenas e os nenos adoitan xogar a todo e soñar con todo. Xa comezan desde os dous anos a visibilizar que non son iguais, pero a partir dos cinco se ve con toda claridade que elas xogan a unhas cousas e eles a outras”. E nese senso, a campaña parte da base de que esa transmisión dos estereotipos de xénero comeza desde a infancia, onde nenas e nenos verán marcadas, “de xeito completamente inxustificado, as súas aptitudes e actitudes, en función das características que lles atribuamos a cada un”, como sinalou Silva.

Pola súa banda, Isabel Blanco destacou que “xogar ensínanos a vivir” e subliñou
que “xogando aprendemos a ser persoas empáticas e tolerantes e a desenvolver
destrezas”. “Así, os xogos e os xoguetes son ferramentas, eu diría incluso armas no
mellor sentido da palabra, imprescindibles e básicas para a educación como
persoas”, explicou. “Porque non é difícil de entender que cando os xoguetes levan
unha carga de desigualdade de xénero e de violencia o que se aprende é a
intolerancia, a soberbia, é a violencia como mecanismo de resolución de conflitos
–sinalou Blanco_. (…) Se non podemos salvar o mundo como fan eles nin derrotar
monstros, nin inventar un remedio, se eles son sempre os heroes que constrúen o
mundo, as nenas, as mulleres, quedarémonos fóra dese mundo que se está a
construír”.

A Deputación subliña a necesidade de traballar en rede entre as institucións,
fabricantes e familias para propiciar que as nenas e nenos se eduquen, xoguen e
medren sen obstáculos e con total liberdade e en igualdade de condicións. Esta é,
ademais, unha das metas fixadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que
determina como un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) acabar
con todas as formas de discriminación existentes e empoderar ás mulleres e ás
nenas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.