Un río atmosférico chega a Galicia este sábado traendo a humidade do Caribe ata o norte da península ibérica. Como consecuencia, haberá fortes choivas que inclúen avisos amarelos por precipitacións na provincia da Coruña por riba dos 40 litros por metro cadrado.
O vento do suroeste traerá este torrente de humidade mentres que as temperaturas mínimas ascendenderán de xeito notable, mentres que as máximas van seguir estables.
Fin de semana en Galicia (sábado)
☁️ con 🌦️ máis abundantes no terzo norte
🌡️ mínimas en 📈 notable e máximas sen cambios importantes
Vento do suroeste pic.twitter.com/p8YCRhkzYF— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) May 14, 2021
Na súa conta de Twitter, o Grupo de Física Non Lineal da USC recordan que “para que haxa chuvias fortes necesítase: 1) Unha gran cantidade de vapor de auga na atmosfera e 2) Fortes ascensos verticais do aire. No caso do sábado teremos moito do factor 1 pero pouco do 2. Polo tanto, todo parece indicar que as chuvias serán cuantiosas pero nada fóra do normal”, explican.
Ríos atmosféricos: as autoestradas aéreas que regulan o clima
“Se ese mesmo río atmosférico fose captado por unha borrasca importante, que organizase e concentrase toda esa humidade ao redor dunha fronte, a cantidade de precipitación que deixaría sería moito maior. Parece que non será o caso, pero compre estar atentos porque este tipo de situacións son propensas a dar sorpresas“, aseguran estes físicos da universidade compostelá.
Pola súa banda, tanto Meteogalicia como a AEMET xa declararon avisos amarelos por precipitacións na costa norte e no interior da provincia da Coruña.
Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia