Xoves 18 Abril 2024

Tras Gaetán chegará Hortense, con máis avisos amarelos e laranxas

O tren de borrascas será unha constante nos vindeiros días, con alertas por fortes choivas e por ventos por riba dos 80 quilómetros por hora

Hortensia é un nome borrasca ben recordado en Galicia. Aquel ciclón chegou a Galicia en outubro de 1984 deixando unha forte pegada de destrozos por todo o país. Agora volve visitarnos a súa homónima Hortense, que non se prevé tan forte como a súa predecesora, pero que chega con avisos amarelos e laranxas por fortes choivas e ventos por riba dos 80 km/h.

A sucesiva entrada dun tren de borrascas será unha constante nos vindeiros dez días, segundo as previsións de Meteogalicia e da Axencia Española de Meteoroloxía. Os ceos estarán nubrados con chuvias, ocasionalmente de forte intensidade e poderán ter carácter treboento. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas.

Publicidade

Este mércores os ventos e as chuvias máis intensas tiveron lugar durante a madrugada, pero os efectos de Gaetan seguirán a notarse aínda durante o día. O xoves unha nova baixa secundaria pasará moi preto de Galicia, deixando unha nova xornada de fortes ventos. E o venres un centro de baixas presións achegarase de novo a Galicia deixando fortes ventos e intensas chuvias nas primeiras horas da xornada.

Aquí podes consultar o boletín de avisos por borrasca de Meteogalicia

O ano que visitou Galicia o ciclón ‘Hortensia’

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña