Un sismo de magnitude 3,3 esperta ao litoral da Coruña

Rexistrouse pasadas as 2 da madrugada e o epicentro tivo lugar a uns 50 quilómetros da costa de Malpica

Epicentro do sismo, no bordo da plataforma continental. Fonte: IGN.
Epicentro do sismo, no bordo da plataforma continental. Fonte: IGN.

Un terremoto de magnitude 3,3 alertou sobre as 2.05h da pasada madrugada a numerosas persoas no litoral coruñés. O epicentro localizouse no Oceáno Atlántico, ao bordo da plataforma continental e a uns 50 quilómetros ao norte da costa de Bergantiños. A pesar da distancia a terra firme, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) recibiu decenas de avisos nas horas seguintes ao tremor desde as comarcas de Bergantiños, A Coruña e Ordes.

O tremor no Atlántico produciuse 10 días despois doutro sismo, de menor magnitude (3) pero que tivo o seu epicentro na comarca de Ordes, polo que se sentiu nunha importante área da provincia da Coruña e xerou centos de avisos á rede sismográfica do IGN.

Ordes e Bergantiños, dúas comarcas con actividade sísmica intermitente

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.