Santiago e Ourense, primeiras cidades aliviadas de restricións

A Xunta presentará este mércores as medidas que alivian estes dous concellos e o novo mapa de medidas para a hostalería por concellos

Santiago e Ourense, xunto coas súas áreas metropolitanas, comezan a ver aliviadas as súas restricións máis estritas ante a pandemia do coronavirus, por decisión do comité clínico de expertos sanitarios que asesora á Xunta. A medida afecta ás dúas cidades, ademais de aos concellos de Ames e Teo, no caso da capital galega, e Barbadás e Pereiro de Aguiar, en Ourense. Os detalles desta saída serán presentados este mércores.

Tamén se beneficiarán deste alivio de restricións os municipios de Ares e A Estrada. A decisión implica que todos estes concellos pasarán a nivel dous na próxima medianoite. En principio, esta modificación contemplaría a reapertura da hostalería con limitacións de aforo. Con todo, a Xunta evitou dar detalles sobre este particular e aprazounos ata a rolda de prensa que este mércores ofrecerá o titular de Sanidade.

Pola contra, o comité decidiu na súa reunión deste martes que as localidades da Guarda e As Pontes, pola súa evolución epidemiolóxica, entran no “coñecido como modelo Carballiño”. O que implica o peche perimetral, entre outras restricións. Ademais, manterase unha “especial vixilancia” en Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda.

O sector da hostalería esperaba novidades despois do peche decretado o pasado 7 de novembro. Pero as medidas para este sector serán coñecidas este mércores, xa que o comité clínico non adiantou decisión ningunha neste senso, aínda que xa se coñecen  algúns proxectos da Xunta de Galicia como a apertura gradual nalgunhas áreas sanitarias e mesmo con horarios restrinxidos.

As medidas relacionadas coa hostalería serán reveladas este mércores, se ben o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda adiantou que este luns que o plan incluiría horarios, limitación de aforos e outras medias, que non serán homoxéneas para todo o país, senón establecidas por áreas sanitarias ou mesmo concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.