Xoves 25 Abril 2024

Sanidade mantén o peche en tres concellos e máis restricións noutros 35

No nivel máximo estarán Cambados, Laza e Padrón, e Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa quedan no alto

O comité de expertos sanitarios que asesora á Xunta de Galicia na evolución da pandemia da Covid-19 acordou este martes manter o peche perimetral nos concellos de Cambados, Laza e Padrón. Este nivel supón, ademais, a prohibición de reunións con persoas non conviventes, o peche da hostalaría e o confinamento nocturno entre as 23 e as 6 horas, medidas todas elas pendentes de ratificación por parte dos tribunais, toda vez que desde a pasada fin de semana xa non está en vigor o estado de alarma no territorio estatal.

Os concellos que fican no nivel máximo rexistran unha incidencia acumulada de alto risco, por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e neles tamén se segue detectando un número importante de positivos por mor do rastrexo e os cribados realizados nos últimos días.

Publicidade

Alén deste rango máximo de restricións, outros concellos ficarán con limitacións de capacidade na actividade hostaleira a partir da medianoite do venres, cando entrará en vigor o novo mapa, unha vez se publique no Diario Oficial de Galicia. No nivel alto, cos locais pechados no interior e con 50% de capacidade no exterior, estarán Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.

No medio, co interior dos locais aberto ao 30% e o exterior ao 50%, ficarán Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga.

Finalmente, o resto dos municipios, un total de 275, quedarán no nivel máis baixo de limitacións. Agás nos concellos en nivel máximo, no resto de Galicia xa rexen as medidas en vigor desde a pasada fin de semana: permítese a libre mobilidade por todo o territorio estatal e Portugal, así como a circulación nocturna. Porén, as reunións seguen restrinxidas a 4 persoas non conviventes en interiores e 6 en exteriores, e tamén se prohíben as reunións entre a 1 e as 6 da madrugada entre persoas non conviventes.

Así queda, por tanto, o mapa de restricións:

1 comentario

  1. Casi todos los de mas riesgo estan en la Ria de Arousa..o en zonas de costa. Sera por mayor densidad de poblacion o menor seguimiento de las restricciones? ese estudio, así planteado,es muy poco significativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes