Vista de Galicia desde a Estación Espacial. Fonte: Gateway to Astronaut Photography of Earth.
Vista de Galicia desde a Estación Espacial. Fonte: Gateway to Astronaut Photography of Earth.

Sae á fiestra para ver pasar a Estación Espacial

Hai unha cousa que o confinamento non nos pode arrebatar se temos unha fiestra desde a que poder ver o ceo. A Estación Espacial Internacional sobrevoará estes días o ceo de Galicia con pases visibles. O primeiro deles iníciase ás 21.50 deste sábado, e o gran laboratorio orbital pasará por preto do cénit durante varios minutos, aparecendo polo noroeste e desaparecendo polo sureste.

O domingo volverá a pasar, entre as 22.39 e as 22.44, aínda que estará máis baixa no horizonte, polo que só será visible en espazos abertos ao suroeste. Porén, o luns haberá outra boa oportunidade para vela, xa que estará máis alta, tamén en dirección suroeste.

A tripulación do maior laboratorio orbital construido polo ser humano vai poder ser vista como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión. A menor contaminación atmosférica debido á redución das actividades humanas no exterior poden contribuír (se as nubes o permiten) a ver mellor o paso da nave.

A Estación Espacial e moito máis: estes satélites tamén se ven desde Galicia

Galicia, como nunca a viras desde a Estación Espacial Internacional

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.