Sábado 20 Abril 2024

Novo paso cara á ‘normalidade’: permitidas reunións de ata 10 persoas en exteriores

A Xunta amplía tamén o limiar en interiores a seis persoas e a capacidade máxima en comercios, actividades laborais, culturais ou académicas

O avance da campaña de vacinación en Galicia (arredor do 23% da poboación ten a pauta completa, e un 43% polo menos unha dose) xunto ao progresivo descenso da incidencia acumulada, permiten que a partir desta fin de semana a cidadanía poida albiscar máis preto a volta a unha relativa normalidade. Nunha comparecencia que tivo lugar no mediodía do mércores, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, confirmou os acordos aos que o comité clínico chegou no seu encontro semanal: desde este venres quedarán permitidos os encontros sociais de ata 10 persoas non conviventes en exteriores e seis en interiores.

Galicia levanta, deste xeito, as que eran unhas das restricións máis estritas no territorio estatal. Despois da fin do estado de alarma, boa parte das comunidades autónomas decidiran relaxar as limitacións de reunión, pero a Xunta decidiu manter as limitacións que rexían desde hai varios meses, no marco da ‘desescalada’ despois da terceira onda de xaneiro e febreiro.

Publicidade

Así, o Diario Oficial de Galicia publicará antes da medianoite do venres 28 ao sábado 29 o novo marco no que se rexerán as medidas fronte á Covid-19. Todas elas serán efectivas unha vez as ratifique o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nesta normativa ampliaranse o número máximo de persoas en reunións de non conviventes: pasarán de 4 a 6 en interiores e de 6 a 10 en exteriores. Con todo, manterase a prohibición de manter reunións entre persoas que non residan no mesmo domicilio entre a 1 e as 6 da madrugada.

Outro dos pasos cara á ‘normalidade’ atinxe á capacidade nos establecementos comerciais, reunións profesionais, actividades culturais ou académicas: pasan do 50 ao 75% cando sexa compatible co mantemento dunha distancia de 1,5 metros nos niveis medio e medio baixo. Nesta situación estarán, por tanto, todos os concellos de Galicia agás Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios (nivel máximo) e (Ordes, Ribeira, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro). No nivel máximo segue rexendo, como ata agora, o peche perimetral, a prohibición de encontros con non conviventes e o confinamento nocturno entre as 23 e as 6 horas.

Igualmente nos concellos en nivel medio e medio-baixo, os usuarios e usuarias de residencias de maiores poderán saír do centro todos os días durante un máximo de catro horas.

Estas medidas complementan o avanzado pola Xunta na noite do martes, na que establece o peche perimetral en Mos, A Pobra do Caramiñal e Lobios, e restricións altas ou medias noutros 17 concellos. Así quedará o mapa a partir do venres:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204