Sábado 20 Abril 2024

Os casos diagnosticados de Covid-19 en Galicia baixan a 28 na última semana

O sistema de saúde galego detectou un único caso durante o mércores, e por segunda vez desde o comezo da crise cúmprense tres días seguidos sen mortes

As cifras que achegan por unha parte o Ministerio de Sanidad e por outra banda a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia seguen amosando o freo das infeccións do SARS-CoV-2 no país. Se o pasado martes eran 50 os casos diagnosticados en Galicia nos últimos sete días (en atención á notificación de datos que adoptou Sanidad na última semana), este venres foron 28 os informados polo Goberno español no período de tempo que vai desde o día 21 ao 28. E só un deles, segundo se detalla na táboa diaria, se diagnosticou durante o xoves. As cifras, con todo, están suxeitas en todas as comunidades á un certo grao de incerteza, segundo insiste o Ministerio, xa que se está realizando unha análise individual dos máis de 238.000 casos detectados ata o momento en España, o que pode dar lugar a “discrepancias” respecto aos días previos.

Casos en Galicia

Ata o momento, en Galicia confirmáronse 9.117 infeccións mediante proba PCR ou, tal e como se recolle desde o 11 de maio, en atención á orde ministerial, por análise serolóxica que detecte anticorpos IgM (os que aparecen en fases máis temperás da infección) en persoas con “sintomatoloxía compatible” coa Covid-19. A esta cifra hai que sumar arredor de 2.167 casos máis detectados a través doutras probas de anticorpos, para un total de 11.284. Esta é a cifra que se extrae da suma de casos que ofrece a Xunta durante o venres: 9.896 curacións, 773 casos activos e 615 falecementos.

Publicidade

Segundo detalla Sanidad, aínda que os casos diagnosticados nos últimos días son 28, só tres deles iniciaron síntomas na última semana. No período de 14 días, os diagnósticos son 84, pero só 15 comezaron con síntomas neste tempo.

En canto aos casos activos, 179 están na área da Coruña-Cee, 49 son da de Lugo-A Mariña-Monforte, 89 da de Ourense-Verín-O Barco, 30 da de Pontevedra-Salnés, 266 da de Vigo, 139 da de Santiago-Barbanza, e 21 da de Ferrol. Vigo mantén a maior incidencia por área sanitaria, toda vez que na xornada do xoves informouse dun aumento de casos activos debido a que se incluíu de novo a persoas que recibiran a alta, xa que deron positivo de novo na proba PCR. Así está a situación:

No que corresponde aos hospitais, do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, e 37 están en unidades de hospitalización, a mesma cifra ca onte, o que sitúa a ocupación por Covid-19 nos hospitais en valores semellantes ao domingo 15 de marzo, cando entrou en vigor o estado de alarma. O 94,6% dos pacientes (731) activos por Covid-19 están sendo atendidos no domicilio.

Respecto aos óbitos, producíronse 615 falecementos, segundo a Xunta, aínda que o Ministerio de Sanidad rebaixa a cifra a 608 ao realizar a revisión de posibles casos sospeitosos. As diferenzas, segundo indica o Goberno español, débense tamén á validación dos falecementos que irá corrixindo de forma semanal a serie histórica. Segundo a conta da Xunta, 272 dos falecementos corresponden con persoas que residían en centros de maiotres.


Nos centros residenciais de persoas maiores e con discapacidade, os casos activos son 116 (52 usuarios e 46 profesionais), o que supón o 12,68% dos totais.

Outra das cifras que achega a Consellería de Sanidade é a do número de PCR realizadas é de 140.225, 1.232 máis ca onte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos