Modelo de ondas previsto para a madrugada do martes ao mércores. Fonte: MeteoGalicia.
Modelo de ondas previsto para a madrugada do martes ao mércores. Fonte: MeteoGalicia.

Ondas de máis de oito metros traerán o primeiro aviso vermello do outono

MeteoGalicia avanza para o mércores un intenso temporal no mar, causado polos restos do furacán Epsilon, convertido nunha profunda borrasca

Despois de varios días de chuvia e fortes refachos de tempo, a predición meteorolóxica en terra para Galicia apunta a que se abrirán claros cara ao final da semana. Porén, a principal novidade estará no litoral, cunha previsión que, de confirmarse, suporá o primeiro aviso de nivel vermello do outono. Así o avanza MeteoGalicia, que prevé ondas de máis de oito metros no litoral da provincia da Coruña a partir do mediodía do mércores. No resto da costa, en nivel de aviso laranxa, as ondas superarán os seis metros.

A razón está na transición cara a unha profunda borrasca do furacán Epsilon, formado no Atlántico occidental e que leva días desprazándose cara ao leste. Aínda que o núcleo estará situado máis ao norte, golpeando sobre todo a costa de Irlanda, a súa influencia desencadeará ondas importantes que chegarán á costa galega.

Mapa de avisos de MeteoGalicia para o mércores.
Mapa de avisos de MeteoGalicia para o mércores.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén por agora para o mércores o aviso de nivel laranxa, con ondas de ata sete metros de altura, pero é posible que se incremente nas vindeiras horas en función dos modelos. Do mesmo xeito, tamén cabe a posibilidade de que MeteoGalicia rebaixe a predición inicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.