O tren de borrascas trae avisos por ventos de 100 km/h e fortes choivas

Meteogalicia activa avisos amarelos e laranxas, con acumulacións de choiva de 120 a 150 litros por metro cadrado en 72 horas

Avisos amarelos e laranxas marcados en Galicia para as vindeiras horas pola Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet).

Un tren de borrascas comeza a entrar este martes polo oeste de Galicia para deixar fortes choivas e refachos de vento por riba dos 100 km/h, nunha sucesión de frontes que xa activaron avisos amarelos e laranxas por Meteogalicia e pola Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet).

Tras o longo o episodio de neve e frío das última semanas, a chegada do tren de borrascas atlánticas, a partir do serán do martes en Galicia, elevará notablemente as temperaturas e deixará choivas en case todo o país. A Aemet calcula que en 72 horas (mércores, xoves e venres) caerán de 120 a 150 litros de auga por metro cadrado no suroeste de Galicia, sobre todo na provincia de Pontevedra.

Segundo a previsión de Meteogalicia, durante o martes Galicia irá perdendo a influencia do anticiclón, coa chegada dunha fronte moi activa cara á noite. As choivas serán especialmente intensas na metade oeste.

Ademais, Meteogalicia activou para este martes distintos niveis de aviso por fortes ventos na comunidade. O nivel será laranxa nas Rías Baixas e na Costa da Morte, onde se esperan refachos de forza 8 no mar, mentres que no resto da costa e en case todo o interior galego será amarelo. Na Mariña o aviso será amarelo.

Os avisos continuarán durante o mércores, cando serán laranxas na Costa da Morte e na Mariña lucense por fortes ventos por riba dos cen quilómetros por hora. Na meirande parte de Galicia o aviso será amarelo por choiva ao longo de toda a xornada.

Aquí podes consultar o boletín de avisos previsto por Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.