O STEMbach, contra a fenda de xénero nos estudos científicos e tecnolóxicos

No Día da Muller e a Nena na Ciencia, celebramos a segunda mesa de debate organizada polo Concello de Pontevedra coa colaboración de GCiencia

O 51% do alumnado da Universidade de Vigo son mulleres e os 49% homes, unha igualdade que non pode ocultar, con todo, a gran brecha de xénero existente nalgunhas carreiras. É o caso das enxeñerías, onde as alumnas son só o 25%,  e se baixamos o foco a, por exemplo, Enxeñería Informática a súa presenza redúcese ao 13%. Son datos do curso 2019-20 achegados por Natalia  Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado da UVigo e que explican iniciativas educativas como o Bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach), pensado para fomentar o interese e as vocacións científicas e tecnolóxicas con perspectiva de xénero.

A brecha de xénero nos estudos  STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas) e o impacto da pandemia no  STEMbach – dificultades asociadas ás restricións- foron os temas que centraron a segunda cita do foro de debate organizado polo  Concello de Pontevedra, en colaboración con Gciencia, co gallo doa da Muller e a Nena na Ciencia.

A mesa redonda STEMbach, en tempos do Covid-19 reuniu a Natalia  Caparrini; Esther Padín Vidal, coordinadora do  STEMbach do IES A Xunqueira II de Pontevedra; Ángela Soto Lamas, alumna de bacharelato  STEM e Rosa Campos Briones, directora do Centro de Información á Muller (CIM) do  Concello de Pontevedra.

O futuro e o presente están ligados á tecnoloxía e ao coñecemento e as mulleres non poden quedar á marxe. As mozas teñen que romper estereotipos (non hai estudos e profesións de homes e de mulleres), incorporarse ao ámbito  STEM e, se é a súa elección, converterse en  cientificas, enxeñeiras, investigadoras. A falta de referentes próximos, os prexuízos, as dúbidas das nenas sobre as súas propias capacidades, unha contorna que dirixe ás mozas cara aos coidados… explican, en boa medida, a situación. Pero como indicou Ángela Soto, animando ás nenas para abrazar a ciencia “que se guíen polos seus soños e non polo que crean os demais. Que tiren para adiante, porque todas somos capaces”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.