Xoves 28 Marzo 2024

O mapa da segunda desescalada de Galicia, concello a concello

Establécense catro niveis de restricións en función das reunións con non conviventes, a capacidade e horarios na hostalaría e a mobilidade

A Xunta de Galicia, por medio dunha comparecencia do presidente, anunciou na mañá deste mércores a apertura do sector da hostalaría en toda Galicia, aínda que se establecerán catro distintos niveis en función da situación epidemiolóxica de cada municipio. A medida entrará en vigor na medianoite do xoves ao venres, e detallarase nunha orde que se publicará o xoves no Diario Oficial de Galicia. É posible que a listaxe final teña algunha modificación unha vez se revisen os últimos datos, e o subcomité clínico que se reunirá o venres podería tomar novas medidas que volvan modificar o mapa avanzado este mércores polo presidente da Xunta.

Queda pendente, por agora, concretar as medidas cara ao Nadal, toda vez que se mantén a incerteza sobre a evolución da pandemia nas vindeiras semanas. No Consello Interterritorial que celebran este mércores o Goberno e as comunidades abordarase a cuestión.

Publicidade

Deste xeito, os peches perimetrais mantéñense nos tres primeiros niveis de limitacións, e só se permitirá a mobilidade en todo o territorio (agás onde rexen estes peches) nos concellos en nivel básico. Queda pendente de aclarar, ata a publicación da orde no DOG, se o alcance dos peches perimetrais terá modificacións en función destes niveis decretados para as reunións de conviventes e a hostalaría.

Respecto ás xuntanzas de persoas non conviventes, as medidas rexen para a hostalaría e tamén para encontros na vía pública ou no domicilio, aínda que se recomenda limitar ao máximo estas interaccións sociais. Así quedaría o mapa:

Nivel de máxima restrición (incidencia superior a 250)

Nos concellos que manteñen unha peor situación epidemiolóxica, cunha incidencia superior aos 250 casos/100.000 habitantes nos últimos 14 días, permitirase a apertura das terrazas ao 50% ata as 17 horas, e poderanse reunir ata catro persoas non conviventes. Son Pontevedra, Poio e Marín, O Grove e Sanxenxo, Carballo e A Laracha, Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, Porriño, Cambados e As Pontes.

Nivel de restrición medio-alto

Neste escenario sitúanse os concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia entre 150 e 250, así como algunhas áreas con peche conxunto (as coñecidas como ‘améndoas’ perimetrais), con concellos de menos de 10.000 habitantes cunha incidencia de máis de 250 a 14 días. Poderán abrir ata as 17 horas, cunha capacidade máxima do 30% no interior e o 50% nas terrazas, e permítense reunións de catro persoas non conviventes.

Neste nivel están Ferrol, Fene e Neda, Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Coristanco, Cabana, Malpica e Ponteceso, Meis, Meaño e Ribadumia, Cee, Dumbría e Muxía, e Lugo, Lalín, Cangas, Oroso, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo de Limia e Vilaboa.

Nivel de restrición media

Os parámetros neste nivel difiren entre os municipios de máis e menos de 10.000 habitantes. No caso dos concellos de máis poboación, a incidencia que se marcaría como referencia é de 100 a 150, e nos de menor poboación, de 150 a 250.

Nestas zonas o máximo de persoas non conviventes elévase a seis, e o horario de apertura da hostalaría esténdese ata as 23 horas. Poderase abrir cunha capacidade máxima do 40% no interior e un 50% nas terrazas.

Situaríanse neste nivel medio A Coruña, Arteixo, Oleiros, Cambre e Culleredo, Burela, Laxe, Silleda, Soutomaior, Barro, Pontecaldelas, Cerdedo-Cotobade.

Nivel de restrición básica

O último nivel resérvase aos municipios con mellor situación epidemiolóxica, que son a meirande parte dos concellos galegos, aos que se sumaron nas últimas horas as áreas de Santiago e Ourense. Márcase como referencia unha incidencia a 14 días por baixo de 100 casos/100.000 habitantes para os concellos de máis de 10.000 habitantes, e de 150 no caso dos que estean por baixo desta cifra. Permitirase neles a apertura ao 50% no interior e o 75% no exterior ata as 23 horas, cun máximo de seis persoas non conviventes.

Están neste escenario todos os concellos que se mantiñan no nivel 2, ademais de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás e O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares. Entre eles non haberá limitacións de mobilidade.

A Xunta anuncia a apertura da hostalaría a partir da medianoite do venres

 

1 comentario

  1. Por moito que queira razonar as restriccions que fan o club dos sabios nas entendo, será por os que forman parte de ese gabinete de sabios son superiores os meus coñecementos e nos dou razonado, non entendo como se pode estar nun bar sentado con outras cinco persoas non conviventes e en cambio nas festas do Nadal so se pode xuntar duas familias non conviventes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.