O Goberno anuncia que o 26 de abril comezará a levantarse a corentena

A saída será "moi controlada", e en función da evolución da situación, pero os cidadáns poderán estar na rúa a final de mes

O estado de alarma prolongarase ata o 26 de abril, despois do cal poderían comezar a levantarse as restricións.
O estado de alarma prolongarase ata o 26 de abril, despois do cal poderían comezar a levantarse as restricións.

Comeza a albiscarse unha data para saír á rúa con menos restricións, aínda que estas saídas seguirán estando “moi controladas”. A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, avanzou esta mañá que os cidadáns poderán recuperar “a súa vida normal” a partir do 26 de abril, aínda que a volta á “ocupación de rúas e prazas” realizarase “de maneira moi controlada e con instrucións claras” en función da evolución da situación nas dúas semanas que están por vir na crise do coronavirus.

Montero expuxo que o Goberno e as comunidades autónomas traballan con “diferentes escenarios” sobre estas seguintes fases. Todo depende da información que acheguen as investigacións e predicións que se están a realizar. Nunha entrevista a Antena 3, a voceira do Goberno dixo que, polo momento, o único que se pode “dar por feito” é a prórroga do estado de alarma ata o día 26. Será a partir desta data, cando os cidadáns e cidadás poderán volver de forma gradual, e con distintos condicionantes, ao seu día a día.

Estudos de inmunidade

As distintas tomaranse en atención a numerosos factores, entre os que están a evolución da situación nos centros hospitalarios e os estudos, xa en marcha, para comprobar a cantidade de poboación que desenvolveu anticorpos fronte ao virus SARS-CoV-2 aínda que non desenvolvera síntomas da Covid-19 que requiriran de atención médica. Polo menos 15 de cada 16 afectados polo coronavirus en España —máis do 90%— non está rexistrado, segundo as estimacións do propio Ministerio de Sanidade, que vai efectuar unha campaña masiva de probas para ter unha imaxe máis realista da incidencia da Covid-19 fóra dos hospitais coa que combater a epidemia.

A maioría dos expertos coinciden en que o número de contaxiados en España está moi por riba das cifras oficiais e mesmo algúns estudos suxiren que poden ser millóns. A mostraxe epidemiolóxica a 62.400 persoas —unhas 30.000 familias— comezará a semana que vén e durará tres semanas, segundo explicou o martes o ministro de Sanidade, Salvador Illa.

1 comentario

  1. E digo eu:
    ¿A que familias lles van facer esaa probas?
    ¿Qur baRemos usaran?
    Por que a maioria lles gustaria facelas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.