Venres 29 Marzo 2024

O DOG deixa a prohibición de fumar en 2 metros e mascarilla

O texto legal publicado pola Xunta de Galicia suaviza as manifestacións do presidente Feijoo para incluir o tema nuna norma menor

A prohibición de fumar en Galicia nas rúas e tamén en calquera espazo público, anunciada polo presidente Alberto Núñez Feijoo no mediodía deste mércores, queda limitada polo texto legal publicado ás 22.34 horas e de aplicación inmediata dende este xoves 13 de xuño.

Pero non hai prohibición de fumar. Hai prohibición de baixar a máscara para facelo. Cando Núñez Feijoo falou en rolda de prensa de prohibir fumar na vía pública, e que se buscaba un ‘encaixe legal‘ para a medida, o resultado é un cambio na normativa de uso de ‘mascarillas’. Que engade un artigo 10 de inmediato cumprimento que di o seguinte:

Publicidade

Artigo 10: “No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas”.

A realidade desta medida implica que dende este xoves, 13 de agosto, sempre que a distancia de dous metros non poida asegurarse, quedará prohibido fumar na vía pública e os espazos ao aire libre, incluíndo tamén as terrazas.

Pero a norma non impide fumar: impide baixar a máscara para facelo, o que entra dentro do difícil encaixe legal que fixo a Xunta para aprobar a normativa. Por exemplo: poderá un cliente fumar libremente en terrazas, por exemplo cando non estean moi ocupadas e haxa dous metros  de separación con outra mesa.  Nunha reviravolta normativa redactada dun xeito complicado, a norma non restrinxe fumar, senón baixar a máscara para facelo cando non hai dous metros de separación.

En concreto, esta nova medida modifica as excepcións ao uso obrigatorio de máscara vixentes en Galicia, de tal maneira que só se poderá exceptuar o seu uso para fumar “sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas”.

Os fumadores, en calquera caso, só poderán quitarse a máscara “exclusivamente durante o indicado consumo”, segundo precisa o texto recolleito no DOG.

Aquí podes consultar a publicación oficial no DOG

A Xunta prohibe fumar en espazos públicos en toda Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.