O Colexio Médico denuncia o cese dunha xefa por denunciar falta de medios

O organismo considera 'improcedente' o cese dunha médica xefa no Álvaro Cunqueiro por denunciar a situación de risco que viven estes profesionais

HAC1
Fachada do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O Colexio de Médicos de Pontevedra considera ‘improcedente’ o despido dunha xefa do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que criticara a falta de medios e o risco que corren os profesionais por non ter “as mínimas garantías de seguridade” para facer o seu traballo. O organismo colexial trasladará o cese da súa colexiada á súa Comisión Deontolóxica estuda levar este asunto á Fiscalía.

O Colexio emitiu un comunicado en relación coa decisión do xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, que cesou á xefa de Cirurxía Plástica do Cunqueiro, Eva Maquieira, aducindo ‘falta de confianza’ cando a doutora fixo unhas declaracións críticas en redes sociais sobre o déficit de material e os protocolos de seguridade establecidos no hospital.

O Colexio de Médicos expresou o seu apoio á doutora e ve o seu cesamento improcedente “pois non fixo máis que manifestar o que a Organización Médica Colexial vén reivindicando”.

Ademais, o organismo alerta sobre “o risco que actualmente está a asumir o persoal sanitario neste país, o cal se incrementa por carecer das mínimas garantías de seguridade para facer fronte á situación que estamos a atravesar” e pide á Administración que lle dote de inmediato de material adecuado.

Aquí podes ler o comunicado do Colexio de Médicos de Pontevedra

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.