Venres 29 Marzo 2024

España supera as 20.000 mortes con 565 novos falecidos en 24 horas

Un total de 20.043 persoas morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 191.726 se contaxiaron e 74.662 están curados

A cifra de falecidos diarios en España baixa ata 565. Son vinte menos que os datos facilitados o venres. Segundo o último balance de Sanidade, 20.043 morreron desde o inicio da pandemia, mentres que 191.726 se contaxiaron e 74.662 están curados. O Ministerio de Sanidade continúa actualizando os datos da serie histórica, despois de que o Goberno dese orde ás comunidades autónomas para homoxeneizar a forma na que estas transmiten as cifras.

A epidemia de coronavirus cobrouse a vida xa de máis de 154.000 persoas no mundo e contaxiou a máis de 2,2 millóns, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

En Italia, os contaxios reducíronse onte con 3.493 (o xoves foron 3.786), a pesar de realizar máis test en 24 horas que nunca: 65.705. O país suma 172.434 contaxios e 22.745 falecidos.

Alemaña pasa o limiar dos 4.000 falecidos por coronavirus. O país rexistra 137.439 casos positivos de coronavirus, segundo os datos do instituto Robert Koch. Iso supón un incremento de 3.609 nas últimas 24 horas. O número de mortos ascende a 4.110, segundo o instituto, 242 máis que o día anterior.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

A pandemia do coronavirus deixou xa nos Estados Unidos máis de 700.000 casos positivos, ao rexistrar máis de 30.700 nun día, polo que se mantén como o país máis afectado pola Covid-19.

Segundo a última actualización que ofrece a Universidade Johns Hopkins, Estados Unidos confirmou 702.164 casos de coronavirus e volve medrar por riba dos 30.000 positivos nun só día, 30.739 máis nas últimas 24 horas. En canto ás mortes, os EUA contabilizan xa 37.054, un incremento en máis de 3.760 respecto a a xornada anterior.

O Ministerio de Saúde de China rexistrou este venres 27 casos novos de coronavirus, dos que 17 foron importados do estranxeiro. Durante o venres non se produciu ningunha morte por coronavirus, aínda que a cifra de falecidos que manexan as autoridades ascendeu a 4.632, ao sumarse os novos datos de Wuhan, orixe do virus.

O número de hospitalizados en Galicia é o menor desde o 27 de marzo

Cuba rexistrou este venres catro novas mortes pola covid-19, o seu maior cifra de falecementos nun día, o que eleva a 31 os decesos ata a data. Ademais, confirmáronse 61 novos casos do virus para un acumulado de 923 positivos.

As autoridades sanitarias de México anunciaron as novas cifras pola emerxencia sanitaria da Covid-19. Ata este venres rexistráronse 6.875 contaxios e 546 mortes, 578 e 60 máis que o día anterior, respectivamente.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de  Sanidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade