Venres 19 Abril 2024

O luns cambia en Galicia o mapa de restricións por concellos

Carballeda de Valdeorras incorpórase ao nivel máximo mentres Boiro, Barreiros e Boimorto entran no nivel alto e melloran Beade, Cangas, Moaña e Baiona

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 vén de acordar a incorporación do concello de Carballeda de Valdeorras á listaxe de municipios con nivel máximo de restricións, xunto cos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove. A medida supón o peche perimetral individual e dos locais de hostalaría, ademais da prohibición de reunións con persoas non conviventes. Estas tres vilas rexistraron unha incidencia a 7 e 14 días por riba dos 250 casos/100000 habitantes.

O grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral. Neles a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior.

Publicidade

Ademais, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda. As reunións con non conviventes, no mesmo caso que nos tres niveis de menores limitacións, permitiranse sempre que non sexa no domicilio, con catro persoas en espazos interiores e seis en exteriores.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, polo que estarán permitidas as reunións en espazos públicos e locais de hostalaría, entre outros, de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, e a hostalaría poderá abrir ao 50% no interior e 75% no exterior ata as 21 horas.

No tocante ás reunións en espazos privados, volven estar permitidas dende este venres 9 de abril as reunións de 4 persoas en interiores e 6 en exteriores, agás nos concellos en nivel máximo. Do mesmo xeito, rexe o confinamento nocturno de 22 a 6 horas e o peche perimetral da comunidade autónoma.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023