Animación da ISS en 3D. Fonte: Heavens Above.
Animación da ISS en 3D. Fonte: Heavens Above.

Tes unha cita hoxe ás 20.13: pasa a Estación Espacial sobre Galicia

Poucas nubes e boas condicións para observar a nave a sobrevoar o ceo durante seis minutos este serán

Antes de que cheguen as nubes e empeoren as condicións meteorolóxicas de cara á fin de semana, hoxe ás 20.13 os galegos poderán levantar a mirada ao ceo e ver pasar, a 400 quilómetros de altura, a estela da Estación Espacial Internacional. Na actualidade está a bordo a expedición 58, coa astronauta estadounidense Anne McClain, o ruso Oleg Kononenko e o canadiano David Saint-Jacques.

Avisou este xoves, como é habitual, o tuiteiro Ignazio Magnani, achegando detalles sobre a hora e a orientación do paso da ISS.

A luz brillante aparecerá arredor das 20.12 polo noroeste, desde o Atlántico, mentres a Estación cruza a Península Ibérica cara ao suroeste, por onde desaparecerá seis minutos despois, ás 20.18. En webs como Heavens Above pode consultarse con detalle este paso e os vindeiros. Estas son as seguintes ocasións (aínda que as nubes posiblemente impidan vela).

Data Magnitude Inicio Punto máis alto Fin Tipo de paso
(mag) Hora Alt. Ac. Hora Alt. Ac. Hora Alt. Ac.
07 feb -3,7 20:13:41 10° ONO 20:16:59 72° SO 20:18:32 28° SE visible
08 feb -3,8 19:22:16 10° NO 19:25:34 67° NNE 19:28:50 10° ESE visible
08 feb -1,3 20:59:32 10° O 21:01:46 17° SO 21:02:41 16° SSO visible
09 feb -1,9 20:07:34 10° ONO 20:10:31 30° SO 20:13:27 10° SSE visible
11 feb -0,7 20:02:13 10° OSO 20:03:51 13° SO 20:05:30 10° SSO visible

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.